Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de marzo de 2021

A FEMP premia o Concello da Coruña polas súas “solucións baseadas na natureza”

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, sinala que “o goberno de Inés Rey aposta claramente por implantar unha estratexia de infraestrutura verde na cidade, este galardón supón un recoñecemento ao bo facer por parte da Federación Española de Municipios e Provincias”

O Concello da Coruña presentouse recentemente á convocatoria do VII Premio as Boas Prácticas Locais polo Clima, organizado pola Federación Española de Municipios e Provincias onde resultou premiado na categoría de "Solucións baseadas na natureza" polo proxecto de redes de hortas urbanas.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, sinala que "o goberno de Inés Rey aposta claramente por implantar unha estratexia de infraestrutura verde na cidade, este galardón supón un recoñecemento ao bo facer por parte da Federación Española de Municipios e Provincias".

A Concellería de Medio Ambiente buscou dar un novo impulso a este proxecto poñendo a disposición de asociacións sen ánimo de lucro a posibilidade de xestionar a hortas urbanas no Parque de Oza e Carlos Casares. Á súa vez, o Concello tamén está a traballar nun proxecto piloto de Hortas Escolares que xa implantou en varios CEIP: Prácticas, Emilia Pardo Bazán, Wenceslao Fernández Flórez, Juan Fernández Latorre e San Pedro de Visma.

Todas estas actuacións están sendo realizadas en colaboración con diferentes cidades europeas a través do proxecto "Connecting Nature", liderado polo Trinity College de Dublín e coa participación de 28 socios internacionais.

Entre os obxectivos positivos que nos deixan estas decisións, asegura a concelleira de Medio Ambiente, destaca incrementar a biodiversidade e impulsar a ecoloxía, así como buscar mitigar os efectos do cambio climático e proporcionar un espazo público sustentable: "Ofrecer un espazo para a educación ambiental, impulsando actividades e tamén nova oportunidades económicas", dixo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión