16 de mayo de 2025
O equipo do CPR Manuel Peleteiro de Santiago, “Os Pitagóricos”, proclámase gañador e representará a Galicia na fase estatal en Murcia
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acolleu esta tarde, ás 16:30 h, a final galega do XXIV Rebumbio Matemático, unha iniciativa promovida pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) coa colaboración do Concello da Coruña.
Nesta edición, a zona da Coruña ten unha presenza destacada con tres equipos clasificados entre os catorce finalistas galegos:
TEANO DE CROTONA, do CPR Montespiño (Culleredo)
HIPATIA DE ALEXANDRÍA, do CEIP A Rabadeira (Oleiros)
PI HIPATIA, do CPR Internacional Eirís (A Coruña)
O primeiro premio foi para o equipo "Os Pitagóricos", do CPR Manuel Peleteiro de Santiago, formado por Ulpiano Villanueva Castro, Mateo Allegue Lorenzo e Martín Amoedo Nieto. Representarán a Galicia na final estatal do Rebumbio Matemático, que se celebrará o vindeiro mes de xuño na cidade de Murcia.
O concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, participou no acto de entrega de premios e quixo felicitar ao alumnado participante, poñendo en valor o carácter didáctico e cooperativo da proba. "Actividades como o Rebumbio Matemático fomentan o pensamento crítico, a resolución de problemas e o traballo en equipo, facendo que o alumnado aprenda e disfrute ao mesmo tempo", sinalou.
A colaboración do Concello da Coruña con esta iniciativa reafirma o compromiso do Goberno de Inés Rey co impulso de propostas educativas innovadoras que favorecen o desenvolvemento integral do alumnado desde as etapas máis temperás.

27 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible