4 de junio de 2026
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, acompañou á autora desta obra editada conxuntamente polo Concello e a UDC
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, acompañada das vicerreitoras da UDC Sonia Vázquez Díaz (Infraestruturas e Sustentabilidade ) e María Cristina Naya Riveiro (Divulgación, Cultura e Deporte) presentou na Biblioteca do Castrillón o cómic "Un día no Monte da Fraga", da ilustradora Xulia Pisón, dentro dos actos programados polo Goberno de Inés Rey no barrio con motivo do Día do Medio Ambiente.
O volume, que nace do convenio da colaboración entre o Concello e a UDC, recolle historias dos animais que viven no Monte da Fraga, un recuncho de biodiversidade autóctona situado xunto ao campus universitario da Zapateira en cuxa conservación e protección traballan o Concello e a UDC desde 2017.
"O proxecto do Monte da Fraga axunta de forma exemplar conservación, divulgación e voluntariado ambiental", sinalou Neira. "E este libro é unha magnífica ferramenta de como facer chegar aos máis pequenos a importancia da protección da nosa contorna e o coñecemento dunha aula medioambiental ao aire libre ao dispor de toda a ciudadanía".
Xulia Pisón (A Coruña, 1985) cursou estudos superiores de Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña. Actualmente desenvolve o seu traballo nos campos do cómic, a ilustración e o humor gráfico. Colaborou coa revista Luzes, Edicións Xerais e Unidade Editorial, así como con entidades públicas como a Universidade da Coruña, o Concello ou a Xunta, e combina todo isto cos seus propios proxectos creativos.

4 de junio de 2026

3 de junio de 2026

28 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible