Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de diciembre de 2025

A IV edición da gala A Coruña Global pon de relevo a proxección internacional da cidade e o seu potencial de crecemento

Na cita, organizada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional co apoio do Concello, participaron figuras de recoñecido prestixio que levan o nome da Coruña por distintos países

A Domus converteuse esta tarde nun escaparate da Coruña máis internacional. Alí tivo lugar a lugar a IV edición da gala A Coruña Global, un evento anual organizado polo Instituto Galego de Análise e Documentación internacional co apoio do Concello, que busca poñer en valor os proxectos e as iniciativas que abren a cidade cara ao resto do mundo. A cita estivo presentada polo cómico e actor Xosé Antonio Touriñán e a premio nacional de poesía Yolanda Castaño. 

O encontro discurriu como un espazo de debate e de ideas, e contou coa presenza de profesionais de distintos ámbitos que levan o nome da cidade polos distintos países nos que desenvolven o seu labor. A deportista Sofía Toro, o científico Moisés Canle, o investigador principal do Real Instituto Elcano Miguel Otero Iglesias, o alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz, o cirurxán Diego González Rivas e o xornalista Arturo Lezcano contaron as súas experiencias ao público reunido no salón de actos da Domus. 

Por parte do Concello interviron José Manuel Lage, concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.

"A Coruña amosa con claridade a súa vocación de urbe internacional, e o fai coas empresas líderes e punteiras instaladas na nosa cidade e na nosa contorna, mais tamén co apoio institucional deste Concello, con medidas impulsadas desde o primeiro momento por Inés Rey para contribuír a que A Coruña sexa un referente cultural, un referente turístico e tamén unha cidade que ten cada vez maior presenza na economía global", indicou Lage. 

Pola súa banda, Borrego destacou a importancia da promoción internacional da educación desde o Concello e lembrou que A Coruña foi pioneira na posta en marcha de programas como o das Bolsas Norteamérica, que desde a súa primeira edición leva permitido que máis de 800 rapaces e rapazas da cidade fórmense durante un curso en Estado Unidos e Canadá. De feito, unha participante na última edición das bolsas relatou hoxe a súa experiencia vital e formativa da que gozou grazas ao apoio do Cocello. As Becas Norteamérica supoñen "un esforzo colectivo de todos os coruñeses e coruñesas, cun investimento global que supera os sete millóns e medio de euros, asumindo por parte do Concello competencias que non lle son propias, pero que responden ao compromiso que temos coa cidadanía e a vontade de mellora da nosa cidade", indicou Borrego.  

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión