15 de noviembre de 2021
Ata o 5 de xaneiro, no número 9 da praza Mestre Mateo, poderanse entregar xoguetes en bo estado, que poderán ser recollidos por outras nenas e nenos
O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), pon un ano máis en marcha a campaña da Casa dos Xoguetes, unha iniciativa pensada para fomentar o consumo consciente e responsable e para darlle unha nova vida a aqueles obxectos en bo estado que non teñen uso.
Ata o vindeiro 5 de xaneiro os interesados poderán entregar xoguetes en bo estado de conservación no local situado no número 9 da praza Mestre Mateo. Os xoguetes que se recollan terán que cumprir coas normativas europeas e destinaranse a nenas e nenos de ata 14 anos. Aceptarase un máximo de 10 xoguetes entregado por usuario.
As persoas interesadas en darlle un novo uso a eses obxectos poderán pasar polo mesmo local a retirar aqueles que consideren, ate un máximo tamén de 10 por persoa. A campaña ten como fin contribuír a fomentar un consumo responsable entre a cidadanía, alongando a vida útil dos obxectos dun xeito solidario e desinteresado que axuda tamén a reducir o volume de residuos xerados na cidade, evitando que acaben desbotándose obxectos que poden ser de valiosa utilidade para outra persoas.
Horarios de recollida e entrega:
Novembro:
De luns a venres de 10:00 a 19:00 horas. Sábados de 10:00 a 14:00 horas.
Decembro:
De luns a sábado de 10:00 a 19:00 horas. Domingos e festivos de 12:00 a 20:00 horas.
Os días 24 e 31 de decembro, horario especial de 12:00 a 18:00 horas.
Xaneiro:
Do 2 ao 4 de 10:00 a 19:00 horas. Día 1 de xaneiro de 12:00 a 18:00 horas. Día 5 de xaneiro de 10:00 a 21:00 horas
30 de abril de 2024
30 de abril de 2024
29 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible