25 de junio de 2026
O concerto forma parte da programación de A Coruña CidadEclipse e servirá tamén para render homenaxe a Pucho Boedo no 40 aniversario do seu falecemento
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá a actuación de Los Satélites do vindeiro 12 de agosto en María Pita, enmarcada dentro da programación A Coruña CidadEclipse e das Festas de María Pita. Xunto ao edil tamén participaron no acto Javier Saavedra, director musical da orquestra, e os artistas José Manuel Rodríguez (Noly) e Paco Lodeiro.
"Será unha actuación cun forte carácter simbólico e un tributo moi merecido a toda a tradición musical coruñesa e galega que representan Los Satélites", indicou Castro. O concerto celebrarase na praza de María Pita, onde xa actuou a formación o pasado mes de agosto, nunha homenaxe a Sito Sedes. Desta volta, ademais de integrarse na programación da eclipse de Sol do Concello, tamén será unha homenaxe a outra das figuras fundamentais da formación: o lendario cantante coruñés Pucho Boedo, que falecía hai 40 anos.
Os presentes destacaron a importancia de Los Satélites na tradición musical galega, sendo na actualidade a única orquestra do Estado que conserva corpo de metais na súa formación. O repertorio do 12 de agosto estará moi ligado á verbena galega e a súa tradición, ademais de incluír as mellores cancións interpretadas por Pucho Boedo, ao que poñerán voz cantantes masculinos e femininas da formación e invitados como Paco Lodeiro.
"O Goberno de Inés Rey ten moi presente a importancia de Los Satélites na cultura musical da cidade e nos últimos anos estamos a colaborar con eles en diferentes eventos de moita importancia para a cidadanía", indicou Castro.

25 de junio de 2026

28 de mayo de 2026

19 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible