7 de mayo de 2019
A concelleira Rocío Fraga explica que se está a traballar en coordinación coas entidades locais deste colectivo para darlles a coñecer a nova canle e facilitarlle o número de contacto
A concelleira responsable de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, presentou esta mañá o sistema que empregarán a Policía Local e os Bombeiros para atender as demandas e emerxencias das persoas xordas ou con dificultades para a comunicación oral na cidade. A canle habilitada para a atención deste colectivo será a través do sistema máis estendido de mensaxería móbil, o Whatsapp, e será a Sala do 092 a encargada de centralizar a recepción dos avisos, que se visualizan a través dunha pantalla e que se responden por un terminal de teléfono móbil que está aceso de maneira permanente.
Tal e como explicou a concelleira, a distribución do número de contacto farase en colaboración coas entidades que traballan na cidade neste ámbito xa que "ten que xestionarse co máximo coidado para que non se estenda a máis xente da que está destinado, dado que, doutro xeito, perdería a súa efectividade". "O teléfono só estará dispoñible para este colectivo, por iso a comunicación se fará dende as asociacións e así ter un rexistro das potenciais usuarias e usuarios do sistema e atender así coa maior rapidez e rigorosidade que é o que merece este servizo", indicou. Neste sentido, Fraga quixo facer fincapé en que este sistema está limitado exclusivamente a este perfil de persoas, xa que, para o resto da cidadanía, "as vías oficiais de comunicación coa Policía Local e Bombeiros seguen sendo as de sempre, os teléfonos 092 e 080".
Fraga, responsable tamén da Concellería de Igualdade e Diversidade, indicou que o vindeiro paso será reunirse coas entidades, que xa están informadas do sistema, para concretar o listado de persoas potencias que accederán ao sistema, e tamén a busca de vías, a través da concellería, para achegar esta nova canle ás persoas con problemas de comunicación oral que non estean asociadas a estas entidades.

20 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible