Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de diciembre de 2019

A rúa Falperra contará cun tramo peonil equipado con bancos e árbores

Na rúa Oidor Gregorio Tovar, abriuse xa o primeiro tramo tras repavimentalo, e na actualidade estase a traballar no cruzamento coa rúa Biscaia

O Concello rematará a semana que vén as obras que converteron en zona peonil un tramo da rúa Falperra despois de eliminar catro prazas de aparcamento para construír unha nova beirarrúa moito máis espazosa. O seguinte será colocar un conxunto de bancos que favorecerán o lecer dos veciños e veciñas e tres árbores que lle darán vida a un barrio dos Mallos que está sendo renovado.

No caso da rúa Oidor Gregorio Tovar, abriuse xa o primeiro tramo tras  repavimentalo e quedará así ata pasado o Nadal. Na actualidade, estase a traballar no cruzamento coa rúa Biscaia, que estará pechado ao tráfico ata o día 20. Ademais, na rúa Antonio Viñes continúan os traballos de ampliación de beirarrúas e mellora da accesibilidade. Esta actuación permitirá a circulación dos peóns e peoas por un trozo no que ata o momento non existía beirarrúa e tiñan que facer uso dunha escaleira, polo que os e as que non podían por problemas de mobilidade se vían na obriga de pisar a calzada para transitar pola rúa.

Por outra parte, o Goberno local terminará antes de Nadal a escaleira de Palavea. O elemento responde a unha demanda da asociación de veciños Os Nosos Lares, xa que coa anterior os e as usuarias esvaraban en días de choiva.  De formigón e cos pasos axustados á normativa e ao código técnico de edificación, a novidade terá tamén unha maior accesibilidade coa incorporación da baldosa podotáctil. Quedará para despois das festas a instalación do pasamáns.

Na rúa Sol, quedará lista a repavimentación da calzada e beirarrúas antes do Nadal no lado dos números pares, onde os coches están aparcados en batería e será en xaneiro cando se complete a actuación. Aínda así, a rúa abrirase ao tráfico en Nadal. Por último, asfaltaranse as rúas General Sanmartín e a González Garcés, no barrio de Elviña.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión