3 de agosto de 2026
A mostra, que conta tamén coa colaboración da Deputación, foi organizada conxuntamente pola Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia (APFG) e pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG)
A alcaldesa, Inés Rey, participou hoxe no acto inaugural da segunda edición da exposición fotográfica "A Galicia Inédita", sita na avenida de Montoto, fronte á Dársena, e organizada conxuntamente pola Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia (APFG) e pola Asociación de Periodistas de Galicia (APG) coa colaboración do Concello a e Deputación. A mostra inclúe un total de 92 imáxenes, acompañadas doutros tantos textos literarios e xornalísticos de profesionais da comunicación e a fotografía xornalística.
"Temos a grandes profesionais do sector percorrendo ao ancho e ao longo o noso país, documentando o día a día dunha Galicia que, lonxe do que poidamos crer, aínda nos amosa a diario que ten moito por descubrir. Galicia é unha terra inesgotable de historias, e o noso fotoxornalismo, imprescindible para amosarnos unha ollada diferente e chea de talento do que aquí acontece, reflectindo as nosas tradicións e a nosa vida cotiá", subliñou Inés Rey.
No acto tamén participaron o deputado provincial José María Rioboo; o delegado do Goberno, Pedro Blanco; a presidenta da APG, María Méndez González; o videpresidente da APFG, César Quián Taboada, e Fernando Blanco Rajo, comisario da exposición.
"A Galicia inédita" reúne obras de profesionais do fotoxornalismo que desenvolven o seu quefacer en medios de comunicación de Galicia, complementadas cada unha delas con lendas de corte literario ou informativo, elaboradas por membros da APG e outros xornalistas que tamén traballan en Galicia.
As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumista ou rural, ata sucesos que marcaron a actualidade dos últimos tempos en Galicia, pasando por obras que reflicten aspectos relacionados cos principais sectores produtivos da comunidade, conflitos laborais, manifestacións artísticas, festivas e culturais, ou natureza e fenómenos atmosféricos e meteorolóxicos.
"Cada unha destas fotografías é froito de múltiples casuísticas. Para recollelas hai que estar no momento e o lugar exacto, mais tamén ter a capacidade de comprender o seu contexto, o que transmite a realidade dese instante", engadiu a alcaldesa, que tamén quixo recoñecer o labor diario de todos os xornalistas e fotoxornalistas galegos que no día a día trasladan a actualidade do territorio. A mostra estará dispoñible ata o próximo 20 de agosto, e visitará despois da Coruña o resto das principais capitais galegas.

3 de agosto de 2026

1 de agosto de 2026

1 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible