14 de diciembre de 2025
As súas actuacións terán lugar os días 20 e 26 de decembro e as últimas entradas continúan á venda
A segunda edición do ciclo Folk no Colón remata este mes de decembro coas actuacións de dous dos grandes referentes da música tradicional galega: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Carlos Núñez.
"A nosa tradición musical e a súa visibilización e protagonismo na programación cultural do Concello é unha das liñas que marcamos desde o Goberno de Inés Rey e que estamos a conseguir grazas a ciclos coma este e que complementan outros eventos con máis percorrido como a Romaría de Santa Margarida", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
En primeiro lugar, o sábado 20 de decembro, ás 20.00 horas, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentarán o seu último traballo: 'Axúdame a sentir', unha homenaxe á tradición musical oral e ás cantareiras. O músico coruñés participa por segundo ano consecutivo no ciclo Folk no Colón co seu traballo máis persoal, amosando toda a súa calidade musical, que o levou a actuar nas principais cidades no mundo.
Por outra banda, Carlos Núñez, o artista de música galega máis internacional celebra o 30 aniversario da 'Irmandade das Estrelas', o disco que revolucionou a música celta e converteuse nun fito da cultura galega, cunha dobre actuación o venres 26 de decembro, ás 19.30 e ás 22.00 horas. Núñez non faltará á súa cita de Nadal na Coruña, onde vén actuando nos últimos anos cada mes de decembro.
As derradeiras entradas para as actuacións de ambos artistas continúan á venda en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. Ademais, o día de cada actuación, en caso de quedar localidades dispoñibles, poderán adquirirse no propio Teatro Colón.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible