29 de enero de 2021
A Concellería de Vivenda manterá as medidas de vixilancia establecidas desde o día 14 co fin de garantir a seguridade na zona
O concelleiro de Vivenda, Juan Díaz Villoslada, asinou esta mañá o decreto para levantar o desaloxo das persoas residentes na avenida de Fisterra afectadas polo derrubamento do muro de contención dun edificio de Rey Abdullah. Aínda así, desde o Concello seguirán mantendo as medidas de vixilancia establecidas desde o principio co fin de garantir a seguridade na zona. Pola súa parte, a veciñanza poderá volver desde hoxe ás súas casas, despois de que tivese que abandonalas o pasado 14 de xaneiro. O persoal municipal considerou daquela que o traslado das e dos ocupantes dos 34 inmobles lindeiros era necesario e, desde entón, a concellería mantivo un contacto permanente coa empresa construtora responsable das obras para que todo se resolvese axiña, así como coas comunidades veciñais, para as informar a diario das novidades.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible