Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de agosto de 2023

Á venda 600 novas entradas para o concerto de Rubén Blades no auditorio de Santa Margarida

A actuación do artista panameño pertence ao ciclo Coruña Sounds e adiouse para o 28 de agosto polos seus problemas de saúde

Hoxe habilitarase a venda de 600 novas entradas para o concerto de Rubén Blades & Roberto Delgado Big Band, previsto para o vindeiro luns 28 de agosto, no auditorio do parque de Santa Margarida. A cita, que pertence ao ciclo Coruña Sounds, tivo que ser adiada o pasado 20 de xullo como consecuencia de problemas de saúde do artista panameño.

Tras a tramitación das devolucións de entradas polo cambio de localización do concerto, o Concello pon esta tarde ás 14.00 horas os derradeiros 600 billetes para poder ver a un dos referentes da música latina, que actuará xunto a unha banda composta por 20 músicos. As entradas estarán dispoñibles en Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense.

O panameño conta cunha carreira sobresaínte de máis de cincuenta anos, nos que colleitou numerosos éxitos e recoñecementos. É considerado un dos máis grandes artistas latinos do século XX e conta entre os seus recoñecementos con 10 premios Grammy e outros 13 premios Grammy Latinos.

O ciclo de concertos Coruña Sounds, que acolleu as actuacións de Scorpions, Marea e ZAZ cun grande éxito de asistencia, é unha iniciativa do Goberno de Inés Rey co obxectivo de dinamizar a actividade cultural nos peiraos da cidade e continuar coa súa apertura á cidadanía. "Agás a excepción de Blades, o balance é moi positivo, xa que se viviron grandes actuacións nunha contorna única na que seguiremos ampliando usos", sinala Gonzalo Castro, concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión