20 de febrero de 2025
O músico multiinstrumentista presentará ‘Loira’ o 6 de xuño
O humorista representará o seu último espectáculo o 12 de abril
O Concello da Coruña continúa completando a programación cultural do Teatro Colón para este 2025, un "espazo de gran repercusión a nivel nacional pola aposta que se fai desde o Goberno de Inés Rey por integrar diferentes disciplinas artísticas ao longo do ano", tal e como indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. O músico Abraham Cupeiro e o humorista Moncho Borrajo súmanse á listaxe de eventos deste 2025, con actuacións en abril e xuño.
Por unha banda, Moncho Borrajo despídese dos escenarios co seu último espectáculo 'Se Acabó'. O recoñecido humorista galego elixiu o Teatro Colón para poñer punto e final á súa extensa traxectoria. O sábado 12 de abril será a última ocasión de poder gozar en directo do cómico na Coruña.
Por outra banda, Abraham Cupeiro presentará na Coruña o seu novo disco 'Loira'. O músico multiinstrumentista e construtor de instrumentos ofrecerá catro únicos concertos en Galicia, un deles na Coruña e no Teatro Colón o vindeiro 6 de xuño. En "Loira" están previstos unha serie de concertos na primavera cun ensemble de seis músicos que residen en Galicia. As cidades polas que pasaremos serán Lugo, Pontevedra, Ourense e A Coruña. Abraham Cupeiro contará coas voces de Davide Salvado e Matthew Ward, así como co acordeón de Sabela Caamaño, o violín de Cibrán Seixo, o arpa de Alba Barreiro e o contrabaixo de Antonio Cienfuegos.
As entradas para ambos espectáculos póñense á venda este xoves, 20 de febreiro. As persoas interesadas poderán adquirilas a través do portal de venda de entradas en liña Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. Ademais, en caso de quedar dispoñibles localidades, o día da función habilitarase tamén a billeteira do propio teatro.

18 de diciembre de 2025

18 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible