Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de septiembre de 2018

A Xunta de Goberno Local dá luz verde a 1.620 bolsas comedor, que contribúen “á construción dunha cidade máis xusta e igualitaria”

A reunión do executivo tamén serviu para aprobar dous convenios con Cruz Vermella que subvencionarán o servizo de emerxencia SEMUS, destinado a atender a persoas en situación de rúa

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a concesión das bolsas comedor do curso escolar 2018/2019. O alcalde, Xulio Ferreiro, destacou, durante a súa comparecencia ao remate da xuntanza que, este ano, a Concellería de Xustiza Social e Coidados ampliou esta axuda, que cubrirá a 1.620 nenos e nenas daqueles centros educativos de infantil, primaria e secundaria que conten con servizo de comedor, un 7,5% máis que o pasado ano. Como indicou o rexedor, a listaxe definitiva das persoas que recibiron bolsa  públicarase figura xa publicada a esta hora na web municipal, se ben a comunidade educativa xa estaba avisada de que o Concello aboará con carácter retroactivo as cantidades que tivesen que aboar dende principio de curso as familias receptoras destas becas.

O Concello reserva este curso 1,5 millóns de euros a este programa --fronte aos 720.000 euros que foron orzamentados no ano escolar 2015-2016--. As bolsas de axuda para o comedor do Concello están destinadas a unidades familiares de convivencia con menores ao cargo que estean escolarizados en centros de ensinanza sostidos con fondos públicos e se atopen no termo municipal e cuxa renda per cápita non supere os 6.000 euros anuais (ademais de axustarse ao baremo establecido). Este ano, ademais, para valorar a situación económica dos traballadores por conta allea tivéronse en conta os ingresos de todo 2017, e non xa das tres últimas nóminas ou dos dous últimos trimestres como se facía anteriormente, xa que se considera un criterio máis igualitario. Tal e como destacou o alcalde, "grazas á aposta do goberno local a gratuidade da bolsa pode ser total para aqueles e aquelas menores que cursan estudos nun centro público que teña servizo de comedor", ou dun máximo de 80 euros ao mes no caso de alumnado matriculado nun centro sostido parcialmente con fondos públicos (concertado) ou privado, unha contía que pode elevarse ata os 98 euros en casos excepcionais, atendendo á situación económica dos e das participantes.

Por outro lado, e dentro das accións levadas a cabo polo goberno local para atender a aqueles veciños e veciñas en risco de exclusión, a Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde a dous convenios con Cruz Vermella por un valor de 153.000 euros, un por 89.000 euros e outro por 64.000 euros, destinados ao servizo SEMUS, que desenvolve unh resposta inmediata a urxencias individuais e colectivas de persoas en situación de vulnerabilidade, así como ao transporte sanitario.

Entre outros asuntos de interese, a Xunta de Goberno Local tomou coñecemento das licenzas e outros títulos habilitantes concedidos pola Concellería de Rexeneración Urbana entre o 4 e o 17 de setembro, período no que se tramitaron 189 expedientes, dos que 27 se corresponden con licenzas urbanísticas, 95 con comunicacións previas ao inicio de obras e 44 con comunicacións previas ao inicio de actividade ou apertura de establecemento.

Noutra orde de asuntos, o executivo deu o visto e prace aos festivos locais do próximo ano, que serán o 5 de marzo, Martes de Entroido, e o 24 de xuño, día de San Xoán.

Bordo litoral

Por outro lado, e a preguntas da prensa, o primeiro edil amosou a súa satisfacción polo feito de que o Congreso dos Deputados aprobase onte unha proposición non de lei que tiña como obxectivo reclamar ao goberno do Estado, entre outros asuntos, a condonación da débeda da Autoridade Portuaria da Coruña (de cara a evitar a posibilidade de usar a venda dos peiraos interiores como fórmula para devolver os préstamos pendentes), así como o financiamento necesario para a contrución da conexión ferroviaria a Punta Langosteira.

"Paréceme moi positivo que o Congreso dos Deputados aprobe unha proposición que practicamente é igual á moción plenaria aprobada no Concello da Coruña a iniciativa de Marea Atlántica, que logo, ademais, tamén foi reproducida e aprobada por unanimidade tanto no Parlamento de Galicia como na Deputación da Coruña", comentou. "A única pega que lle poño e que a aprobación no Congreso dun texto que foi aprobado co apoio de todos os grupos en Galicia non concitase esa unanimidade, novamente polo voto discordante do PSOE", apuntou.

"Se non houbo problemas no Parlamento de Galicia nin na Deputación para conseguir un posicionamento unánime, penso que non deberían existir tampouco noutros foros como, por exemplo, no propio Pleno municipal, onde, en épocas anteriores, xa aprobamos iniciativas que apostaban pola titularidade e uso públicos dos terreos dos peiraos interiores, así como pola necesidade de condonar a débeda da Autoridade Portuaria ou introducir mecanismos equivalentes", comentou, á vez que recordou a necesidade de "chegar a un entendemento entre todas as institucións vinculadas para construír un consorcio que poida xestionar e garantir a titularidade públicas dos terreos portuarios". "Agora mesmo, creo que é fundamental o concurso de ideas que impulsamos dende o Concello, que nos axudará a definir urbanísticamente este ámbito", indicou.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión