Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de agosto de 2026

Aberta a licitación de cinco novas rutas aéreas que conectarán Alvedro con Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacante

Estímase que estas conexións, que contarán cun investimento de 6,5 millóns de euros, estarán operativas este mesmo ano para mellorar a oferta nacional desde A Coruña

O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e Congresos, ven de abrir o período de licitación para instaurar cinco novas rutas aéreas nacionais desde o aeroporto de Alvedro. Esta iniciativa forma da estratexia do Goberno de Inés Rey orientada a reforzar a proxección exterior da Coruña, mellorar a súa conectividade e consolidar o seu papel como destino turístico, económico e congresual de referencia.

"Queremos unha Coruña máis conectada, máis competitiva, máis atractiva para o investimento, para o turismo e para o desenvolvemento de novas oportunidades económicas", sinalou Inés Rey, alcaldesa da Coruña. A nova licitación inclúe conexións directas con Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacante, consideradas estratéxicas polo seu potencial turístico, empresarial e social.

O contrato terá unha duración inicial de tres anos, con posibilidade de prórroga por unha anualidade adicional, e contará cun investimento superior aos 6,5 millóns de euros. Ademais dos voos, o contrato incorpora un amplo plan de promoción da cidade nos mercados de destino, con campañas publicitarias, presenza da Coruña nos soportes das compañías aéreas, accións en redes sociais, boletíns de novas especializadas e iniciativas dirixidas a profesionais do sector turístico. 

O Consorcio de Turismo traballa tamén na convocatoria dun novo concurso específico para rutas internacionais, co obxectivo de ampliar a conectividade da cidade con mercados europeos prioritarios.

A alcaldesa, Inés Rey, indicou que "ante a falta de vontade da Xunta de Galicia por fortalecer o sistema aeroportuario galego, somos os Concellos os que nos vemos na obriga de asumir este investimento que non é só clave para A Coruña, senón para toda a provincia e o conxunto de Galicia". "A Xunta deixa unha vez máis aos coruñeses e coruñesas financiando un servizo público do que se benefician todos os galegos", afirmou. A rexedora reiterou a disposición do Concello a colaborar para conseguir "un sistema xusto e igualitario para os tres aeroportos da nosa comunidade".

Novas rutas incluídas na licitación

  • A Coruña - Málaga: 208 voos anuais e un mínimo de 37.440 prazas ao ano. 
  • A Coruña - Valencia: 208 voos anuais e un mínimo de 37.440 prazas ao ano. 
  • A Coruña - Bilbao: 180 voos anuais e un mínimo de 32.400 prazas ao ano. 
  • A Coruña - Sevilla: entre 288 e 352 voos anuais segundo a anualidade do contrato, con ata 63.360 prazas. 
  • A Coruña - Alacante: entre 146 e 180 voos anuais segundo a anualidade do contrato, con ata 32.400 prazas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión