31 de julio de 2026
Trátase dunha exposición colectiva que reinterpreta algunhas das portadas máis emblemáticas vinculadas á historia do Festival Noroeste Pop Rock, actual Festival Noroeste Estrella Galicia
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e Nonito Pereira, inauguraron esta mañá RE VERSIÓNS, unha iniciativa que convida a reinterpretar a memoria musical coruñesa a través da arte contemporánea tomando como punto de partida a historia do Festival Noroeste Estrella Galicia. Pódense contemplar 30 obras de artistas locais, que se inspiraron nalgunhas das referencias discográficas máis representativas da escena musical relacionada co festival.
A iniciativa ten como finalidade poñer en valor o legado musical da cidade mediante un diálogo entre creación contemporánea e as bandas e artistas que formaron parte da historia do Noroeste Pop Rock, actual Festival Noroeste Estrella Galicia. Para iso, as obras reinterpretan portadas de discos vinculadas ao universo musical do festival, ofrecendo novas lecturas dun patrimonio cultural compartido por varias xeracións. A ter en conta, The Cure, Pretenders, Suede, New York Dolls, Primal Scream, Status Quo, Madness ou The Stranglers.
"Esta mostra reforza o compromiso do Goberno de Inés Rey coa cultura de proximidade, coa memoria musical da Coruña e co talento creativo local, ofrecendo novas miradas sobre un festival que forma parte da identidade cultural da cidade", sinalou Gonzalo Castro.
Poderá visitarse ata o 8 de agosto na Casa Museo Casares Quiroga, de martes a sábado en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, contribuíndo á programación cultural do verán e reforzando o compromiso do Concello coa promoción da cultura e o apoio á creación artística.
Organizaranse visitas comentadas destinadas a contextualizar as propostas e amosar os vínculos entre a memoria musical do Festival Noroeste, o patrimonio documental e a creación contemporánea. Para iso, haberá que cumplimentar o formulario web dispoñible en https://reversionesnoroeste.com.
A actividade está organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Asociación Musical Nonito Pereira.

31 de julio de 2026

30 de julio de 2026

29 de julio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible