11 de octubre de 2025
O Concello habilitou esta semana a glorieta, que entra na súa fase final de obras, con remates de pintado e xardinería
Esta semana, o Concello abriu ao tráfico a nova rotonda concibida para mellorar a mobilidade entre a avenida de Fisterra e a rúa Gutemberg, que permitirá reforzar a seguridade viaria nun percorrido clave para o tránsito rodado entre A Silva, o Ventorrillo e o parque industrial de Agrela.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, apunta que os traballos de construción da glorieta "están xa na súa fase final", só a expensas de remates correspondentes a tarefas de pintado e o sementado nas áreas verdes, unha actuación -esta última- que se acometerá nas vindeiras semanas, ao ser o período máis propicio.
"Ao igual que xa fixemos na avenida da Sardiñeira, a medida que se van cumprindo fases de obra tamén intentamos facilitar o paso de vehículos, para axilizar o tráfico", razoou Díaz, que subliñou a necesidade de actuar nesta parte da avenida de Fisterra atendendo aos precedentes existentes no tocante a sinistros viarios.
Unha rotonda xemelga da xa habilitada no cruzamento coa rúa Gambrinus
A nova glorieta entre avenida de Fisterra e rúa Gutemberg é practicamente idéntica á que xa se habilitou meses atrás no cruzamento coa rúa Gambrinus.
Ambas as dúas foron cofinanciadas polo Concello grazas á captación de fondos europeos Next Generation, cun investimento total de case 650.000 euros que permitiu, ademais de construír as rotondas en si, remodelar os cruzamentos da súa contorna e mellorar a accesibilidade, tanto nas beirarrúas como nos pasos peonís próximos.
Desta forma, o Goberno de Inés Rey avanza coa súa folla de ruta para mellorar a mobilidade no triángulo que conforman A Silva, O Ventorrillo e Agrela, onde a avenida de Fisterra é unha das principais arterias de circulación.

27 de febrero de 2026

18 de febrero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible