1 de diciembre de 2023
Ofértanse 144 prazas para a rapazada de entre 6 e 12 anos. As nenas e nenos poderán aprender e gozar con disciplinas deportivas como atletismo, escalada, patinaxe e xogos acuáticos, entre outras
O Concello da Coruña abriu o prazo de presentación de solicitudes para optar ás 144 prazas que se ofertan nos Campamentos Deportivos de Nadal, unha iniciativa promovida polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de achegar a mocidade ao deporte e a hábitos de vida saudables, á vez que se lles facilita ás familias unha ferramenta de conciliación no contexto das vacacións escolares de Nadal.
Os campamentos están ideados para a rapazada de entre 6 e 12 anos -coa idade cumprida a 31 de decembro de 2023-, á que se implicará no desenvolvemento de actividades deportivas que inclúen disciplinas como atletismo, escalada, defensa persoal, bádminton, esgrima, xadrez, carreira de orientación, patinaxe e xogos acuáticos, entre outras.
A meirande parte das actividades levaranse a cabo na Cidade Deportiva de Riazor, aínda que tamén haberá sesións ao aire libre, en contornos naturais, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables.
Dúas quendas de campamentos
Os Campamentos Deportivos de Nadal terán lugar entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro, nun formato de dúas quendas: a primeira, do 26 ao 29 de decembro; e a segunda, do 2 ao 5 de xaneiro. Para cada quenda habilitaranse 72 prazas, cun custo de 34 euros.
Haberá un horario xeral, das 9.00 ás 14.00 horas, mais tamén se prevé habilitar un horario ampliado de conciliación -sen custo engadido-, con entrada entre as 8.00-9.00 h e dúas opcións de saída -para escoller entre unha ou outra-, ben ás 14.00 ou ás 14.30 horas.
En canto ás prazas, terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.
A preinscrición, aberta ata o vindeiro martes 5 de decembro
Neste sentido, o prazo de preinscrición para solicitar praza nos Campamentos Deportivos de Nadal xa está aberto. Pecharase o vindeiro martes 5 de decembro, ás 14.00 horas.
A formalización da solicitude de praza deberá tramitarse en liña, a través da páxina web da Concellaría de Deportes. Cada persoa poderá presentar só unha única solicitude, indicando a orde de preferencia das quendas, de ser o caso. Para poder ter en conta as necesidades de conciliación das familias, no caso de irmáns ou irmás deberán facerse as solicitudes de forma continuada no tempo e co mesmo orde nas quendas solicitadas.
Toda a información sobre a convocatoria pode consultarse na web específica Campamentos Deportivos de Navidad - 2023 .
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible