9 de diciembre de 2025
A solicitude poderase facer na páxina web do Concello desde hoxe e ata o xoves 11 de decembro
O Concello da Coruña abre este martes, 9 de decembro, o prazo para inscribirse como figurante na Cabalgata de Reis, que se celebrará na tarde do 5 de xaneiro. A convocatoria está destinada a menores de idade que a 31 de decembro de 2025 teñan unha idade comprendida entre os 7 e os 11 anos.
As prazas máximas ofertadas nesta convocatoria serán 220. Non obstante, o número exacto determinarase no momento de adxudicárense as prazas. Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey quere implicar os nenos e nenas da Coruña nunha celebración moi esperada por todos eles e elas.
O período de solicitude abriuse este martes 9 ás 9.00 horas e finalizará o xoves 11 ás 14.00 horas. As persoas interesadas e os seus titores legais poderán formalizar a súa inscrición a través do formulario que será habilitado na páxina web municipal www.coruna.gal. O 15 de decembro levarase a cabo o sorteo das prazas e publicarase a listaxe de persoas solicitantes.
Asignaranse prazas, por sorteo, en todas as carrozas municipais, así como nos trens, coa única excepción dun tren, que terá carácter solidario. En total, as persoas solicitantes que resulten agraciadas serán situadas nos vehículos, incluíndo as carrozas das súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar.
Enviaranse todas as instruccións por correo electrónico aos agraciados, así como a documentación que terán que entregar cando se lles cite para recoller o vestiario, os días 29 e 30 de decembro na Sala O Túnel.

3 de diciembre de 2025

29 de noviembre de 2025

14 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible