15 de enero de 2026
Autores e autoras de todo o territorio español poderán enviar as súas propostas ata o próximo 17 de febreiro
A V Residencia Cidade da Coruña abriu o prazo de envío de solicitudes para a súa nova edición. Ata o 17 de febreiro ás 22.00 horas, os autores e autoras interesados de calquera parte do territorio español poderán remitir as súas propostas ao correo electrónico 1863coruna@gmail.com. Na súa candidatura deberán incluír: unha biobibliografía co seu número de DNI e datos de contacto; unha memoria dun máximo de dúas páxinas describindo o proxecto literario que se pensa desenvolver e achegando detalles sobre o plan de execución; un dossier literario dun máximo de 10 páxinas que sirva como mostra do traballo do autor ou autora e unha carta de motivación dunha páxina. O correo deberá enviarse co asunto "V Residencia Cidade da Coruña".
Os candidatos poderán ser residentes de calquera punto da xeografía española excepto de Galicia e deben ter publicada polo menos unha obra en calquera das linguas do país. Durante a súa estancia, que é improrrogable e desenvolverase ao longo do mes de maio do 2026, terá cubertos gastos de manutención e transporte, e aloxarase nunha vivenda totalmente equipada e pensada para potenciar a concentración nunha contorna creativa. Ademais, o beneficiario terá entrada prioritaria a eventos culturais na cidade, como concertos, museos, bibliotecas, encontros literarios ou obras de teatro.
O xurado encargado da selección, que está integrado por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, elixirá tamén un o unha suplente que gozaría da residencia no caso de que o titular non puidese trasladarse nas datas marcadas.
"Este proxecto, financiado polo Concello, ten como obxectivo atraer a creadores, consolidados ou emerxentes, a unha cidade cunha vida cultural vibrante que ten moito que ofrecer e que foi inspiración de non poucos grandes títulos das literaturas galega e española. No goberno de Inés Rey hai unha preocupación real por manter A Coruña no lugar que por dereito e historia lle pertence dentro da escena artística", apuntou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Descarga aquí as bases para a convocatoria da V Residencia Cidade da Coruña (105 KB)

15 de enero de 2026

15 de enero de 2026

12 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible