17 de diciembre de 2025
Gonzalo Castro: “Os Premios Sellier constitúen un fito no audiovisual do noso país, que atopa na Coruña o referente indiscutible”
A cidade da Coruña acolleu este luns no Espacio Avenida o acto de entrega do XIV Premio José Sellier, que a Academia Galega do Audiovisual, co apoio do Concello da Coruña, outorga anualmente a figuras ou entidades destacadas no eido audiovisual. Nesta edición, o recoñecemento foi para a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), pola súa traxectoria pioneira, vertebradora e determinante na consolidación do sector audiovisual galego ao longo de máis de trinta anos.
O evento contou coa participación da presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga; o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro; o presidente de AGAPI, Felipe Lage; a xerente da entidade, Uxía Caride; e Alfredo Sellier, descendente do cineasta ao que se dedica o galardón.
Durante a súa intervención, o concelleiro Gonzalo Castro sinalou que "os Premios Sellier constitúen un fito no audiovisual do noso país, que atopa na Coruña o referente indiscutible" e engadiu que "a concesión do premio a AGAPI recoñece unha labor fundamental na construción do ecosistema audiovisual galego". Castro puxo en valor tamén o papel do Goberno de Inés Rey na promoción de políticas culturais que fortalecen sectores estratéxicos como o audiovisual.
A presidenta da Academia, Lucía Veiga, destacou que AGAPI "non só acompañou a historia do audiovisual galego contemporáneo, senón que a escribiu activamente", actuando como motor con visión estratéxica e cun compromiso sostido co país, coa cultura e cunha industria que hoxe é referencia creativa e identitaria.
Desde a súa fundación en 1994, AGAPI foi precursora do tecido audiovisual galego. Agrupa produtoras de cinema, televisión, publicidade e servizos, e ten como misión a defensa dos intereses das produtoras independentes e a promoción de políticas que favorezan unha industria galega competitiva, sustentable e con capacidade de internacionalización. Entre os seus fitos destacan a creación dos Premios AGAPI, embrión dos actuais Premios Mestre Mateo, o impulso ao Clúster Audiovisual Galego (CLAG), ou a primeira participación conxunta de produtoras galegas no MIPCOM de Cannes, en 2004.
O Premio José Sellier, promovido pola Academia co apoio do Concello, honra a memoria do cineasta José Sellier Loup (1850-1922), pioneiro do cinema en España e autor das primeiras películas datadas do país, rodadas na Coruña en 1897. O trofeo, deseñado polo artesán coruñés Teodoro Castro, reproduce a cámara Lumière coa que Sellier realizou aquelas gravacións pioneiras.

17 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible