9 de agosto de 2023
As actuacións desenvolveranse ata o domingo nos Xardíns de Méndez Núñez a partir das 20.30 horas
A Asociación de Coros e Danzas Eidos completa un cartel formado por Yi Hui Dance Theatre, African Tumbas Kenya, Otrora e Kud Nikola Tesla
Agrupacións culturais de Taiwán, Kenia, Colombia e Serbia, xunto coa asociación de coros e danza Eidos, participarán desde hoxe e ata o domingo 13 de agosto no Festival Internacional de Folclore Cidade da Coruña, que este ano chega á súa edición número 36. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta mañá aos participantes en María Pita, acompañada polo concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e polo director do festival e presidente de Eidos, Javier Carro.
No certame tomarán parte as compañías Eidos (Galicia), Yi Hui Dance Theatre (Taiwán), African Tumbas Kenya (Kenia), Otrora Integración Folclórica Colombiana (Colombia) e Kud Nikola Tesla (Serbia). A rexedora intercambiou presentes cos representantes de cada conxunto e tivo unhas palabras de felicitación e agradecemento pola súa presenza na cidade.
Coas catro agrupacións presentes este ano xa son máis de 100 as que pasaron por este certame ao longo dos seus 36 anos de historia. "Quero trasladar o meu agradecemento a todas as asociacións que participaron neste festival polo seu importante labor e esforzo na defensa e divulgación do patrimonio cultural dos distintos pobos do mundo", sinalou Inés Rey.
A gala inaugural terá lugar esta tarde, a partir das 20.30 horas, no escenario dos Xardíns de Méndez Núñez, onde se celebrarán ata o domingo as diferentes exhibicións. O domingo, a partir das 19.30 horas, haberá un desfile polo Cantón Grande, rúa Real, María Pita e Xardíns de Méndez Núñez.
Programación completa
Xardíns de Méndez Núñez. 9 - 13 de agosto ás 20.30 horas.
9 de agosto - Gala inaugural
10 de agosto
11 de agosto
12 de agosto
13 de agosto
19:30h - Desfile desde o Cantón Grande, rúa Real, María Pita e Xardíns de Méndez Núñez
20:30h - Actuacións en Xardíns de Méndez Núñez
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible