23 de mayo de 2026
Milleiros de persoas seguiron este sábado na Mariña unha das grandes citas internacionais do atletismo mundial
A Coruña volveu converterse este sábado no epicentro internacional da marcha atlética coa celebración da XXXIX edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns-Trofeo Sergio Vázquez, unha das probas máis prestixiosas do calendario mundial integrada no World Race Walking Tour de World Athletics.
Milleiros de persoas achegáronse ao circuíto urbano da Mariña para seguir en directo unha competición que reuniu na cidade a algunhas das principais figuras internacionais da disciplina, consolidando unha vez máis o prestixio organizativo e deportivo dunha cita histórica do atletismo mundial.
Na proba masculina de medio maratón, a vitoria foi para o chinés Shengji Shi, que se impuxo tras unha carreira de gran nivel competitivo cun tempo de 1:23:23. O podio completárono Chenjie Li e Keisuke Hara, respectivamente.
No medio maratón feminino, a vencedora foi a mexicana Alegna González cun rexistro de 1:32:24, seguida por Sofía Fiorini e a española María Pérez nunha carreira moi disputada ata os últimos quilómetros.
A representación galega tivo tamén unha destacada participación nesta edición, especialmente coa presenza de Antía Chamosa e Daniel Chamosa, ademais doutros atletas destacados como Icía Ares, Nico Collazo e o plusmarquista e campión mundial Juan Manuel Morales del Castillo.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou "o éxito organizativo e deportivo dunha edición que volveu situar A Coruña como referente internacional da marcha atlética". O edil participou tamén na entrega de medallas aos atletas gañadores e puxo en valor "a resposta do público e o gran ambiente vivido durante toda a xornada nun evento xa plenamente consolidado no calendario deportivo internacional".
A edición deste ano contou ademais cun amplo dispositivo organizativo, técnico e sanitario, así como coa retransmisión en directo vía streaming para espectadores de todo o mundo.
O Concello da Coruña reafirma así o seu compromiso coa celebración de grandes eventos deportivos internacionais, consolidando a cidade como referente na organización de competicións de primeiro nivel e promovendo o deporte como motor de proxección exterior, dinamización económica e participación cidadá.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible