Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

21 de febrero de 2020

Alteracións nas liñas de bus urbano con motivo do desfile de carrozas do Entroido de mañá

Instalaranse paradas provisionais, en ambos os sentidos de circulación, na avda. do Porto, nas proximidades do Quiosco Alfonso

Con motivo da realización do desfile de carrozas do Entroido, desde as 15.30 horas de mañá, estará cerrada ao tráfico a saída da cidade pola rúa Juana de Vega, Compostela e Sánchez Bregua, e Os Cantóns en ambos os sentidos. Deste xeito, produciranse as seguintes alteracións no transporte urbano:

• As liñas 3 e 7, a partir das 15.30 h, hora prevista de corte dos Cantóns, pasarán a circular desde Santa Catalina por San Andrés, rúa Alta, Paseo Marítimo, rúa Hospital, praza de España, Beiramar e Abente y Lago, onde recuperan o seu itinerario habitual.

• A liña 3A, en sentido Durmideiras cara á praza de Pontevedra, circulará pola avda. de Navarra, rúa da Torre, praza de España, Panadeiras, San Andrés e praza de Pontevedra. Incorporarase en Juan Flórez ao seu itinerario habitual.

• As liñas 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A, desde a praza de Ourense circularán pola avda. do Porto, túnel do Parrote e glorieta das Ánimas. A 5 e a 17 continuarán polo Abente y Lago e Mestranza, onde se incorporarán ao seu itinerario habitual, mentres que as restantes (1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A) regresarán polo túnel do Parrote e avda. do Porto á praza de Ourense, onde recuperarán o seu itinerario habitual.

• A liña 17, en sentido de circulación cara ao CHUAC, desde Mestranza baixará á glorieta das Ánimas, túnel do Parrote, avda. do Porto e praza de Ourense, onde recuperará o seu itinerario habitual.

• As liñas 21 e 22, desde Catro Camiños circularán por Castiñeiras, Federico Tapia, praza de Galicia e Francisco Mariño. Farán cabeza de liña en Juan Flórez 10, onde a 22 recupera o seu itinerario habitual. A liña 21 continuará por Juan Flórez cara a San Pedro de Mezonzo, Catro Camiños e Ramón y Cajal onde se reincorporará ao seu itinerario habitual.

• As liñas 24 e UDC, desde a avda. de Alfonso Molina circularán por Federico Tapia, praza de Galicia e Francisco Mariño e farán cabeza de liña en Juan Flórez 10, onde recuperan o seu itinerario habitual.

Instalaranse paradas provisionais, en ambos os sentidos de circulación, na avda. do Porto, nas proximidades do Quiosco Alfonso.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión