27 de abril de 2023
Ademais, a Xunta de Goberno Local autorizou a nova convocatoria da Fundación Emalcsa para as subvencións asociadas aos programas 'Deporte solidario e inclusivo' e 'Cultura accesible e inclusiva'
A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores 27 de abril as bases correspondentes ás Bolsas USA 2024-2025, un programa municipal que ofrece ao alumnado da cidade a posibilidade de cursar o primeiro ano de Bacharelato en Norteamérica.
A previsión do Concello é convocar un mínimo de 35 bolsas, que poderán chegar a un total de 40 en función da oferta da empresa adxudicataria. Neste sentido, a estadía das persoas beneficiarias, nos Estados Unidos, comezará en agosto de 2024 e finalizará en xuño de 2025, incluíndo as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.
Tras aprobarse as bases da convocatoria, o vindeiro paso será a súa saída a licitación.
Convenios da Fundación Emalcsa para o deporte e a cultura inclusiva
Ademais, este mércores aprobáronse as bases e a convocatoria da Fundación Emalcsa correspondentes ás subvencións asociadas aos programas 'Deporte solidario e inclusivo' e 'Cultura accesible e inclusiva', que chegan á súa décima e oitava edición, respectivamente.
Para a primeira delas, o Concello disporá un orzamento de 250.000 euros que permitirá ofrecer axudas, en concorrencia competitiva, de 3.000 a 20.000 por cada proxecto. No segundo dos programas, dotado con 100.000 euros de orzamento, financiaranse proxectos con aportacións que van dos 3.000 aos 10.000 euros.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible