27 de noviembre de 2024
O Concello ten previsto renovar a tarima de madeira existente na ala noroeste do primeiro andar da biblioteca
O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, informou hoxe de que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto para substituír a tarima de madeira existente na ala noroeste do primeiro andar da biblioteca de Estudos Locais, en Durán Loriga.
As valoracións efectuadas previamente subliñaron que, pola deterioración e erosión experimentada pola tarima co paso do tempo, é necesario actuar para repoñela. A previsión do Concello é habilitar unha nova superficie de madeira de castiñeiro, que suporá un investimento de máis de 75.000 euros nunha das primeiras bibliotecas municipais que abriron as súas portas na cidade.
"A pioneira foi a da Sagrada Familia, e, non hai moito, tamén lle demos luz verde á licitación das obras para a súa ampliación, o que permitirá sumarlle unha nova sala polivalente ás súas dependencias actuais. O noso obxectivo é ir actualizando e mellorando todas e cada unha das instalacións das bibliotecas municipais atendendo as súas especificidades. As de Estudos Locais e a Sagrada Familia, abertas nos anos noventa, foron as que lle marcaron camiño ao resto de bibliotecas da rede, e a idea é ir adaptando cada un dos espazos existentes ás súas necesidades actuais", precisou Lage.
Sumando os investimentos previstos nas bibliotecas municipais de Estudos Locais e Sagrada Familia, o Concello destinará este ano máis de medio millón de euros a melloras na rede.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible