22 de mayo de 2026
En total, participaron na iniciativa 422 nenos e nenas con 19 empresas de 8 colexios da cidade
Hoxe realizouse nos xardíns de Méndez Núñez o mercado de cooperativas infantís do Proxecto Semente, que contou na edición deste ano coa participación de 422 nenos e nenas pertencentes aos centros CEIP Anxo da Garda, CEIP Manuel Murguía, CPR Hijas de Jesús, CPR Sagrado Corazón, CEIP Eusebio da Guarda, CPR Montegrande, CEIP Rosalía de Castro e o CEIP Zalaeta.
O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, visitou os postos ao comezo do mercado para lles desexar sorte aos nenos e nenas participantes, que puideron vender os seus produtos despois de que a alcaldesa Inés Rey, lles concedese as licenzas ás 19 cooperativas nun acto o mes pasado en María Pita. "É moi emocionante ver o esforzo que puxeron nesta iniciativa todos os emprendedores e emprendedoras. Aprenderon o valor do traballo en equipo e do gratificante que é sacar adiante ideas propias con dedicación e paixón", apuntou Borrego.

22 de mayo de 2026

21 de mayo de 2026

20 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible