30 de enero de 2022
O cantante presentará o seu disco ‘Likes y cicatrices’ o 22 de outubro
As entradas poderán mercarse a través de Internet e na billeteira da praza de Ourense
O Coliseum da Coruña continúa avanzando coa súa programación musical para este ano 2022. Este luns, 31 de xaneiro, saen á venda as entradas para a actuación de Melendi, que presentará na cidade o seu último traballo, 'Likes y cicatrices', o 22 de outubro.
As entradas estarán dispoñibles a partir das 12.00 horas a través de melendioficial.com, Ataquilla.com e a billeteira da praza de Ourense. O concerto do cantante asturiano é unha das grandes citas programadas para este ano no Coliseum. Melendi comezará a súa xira estatal o 7 de maio e fará un repaso da súa xa extensa carreira musical. O artista conta con 25 discos de platino, máis de 5 millóns de oíntes mensuais en Spotify e millóns de seguidores nas súas redes sociais.
O seu último traballo, 'Likes e Cicatrices', converteuse no número 1 en vendas desde o seu lanzamento e conta con colaboracións como a da galega Miriam Rodríguez ou Carlos Rivera. Os primeiros adiantos do disco foron 'La boca junta', 'Likes y cicatrices', 'Simplemente dilo' e 'El último habitante'.
O Coliseum da Coruña afronta un ano 2022 moi ilusionante, cunha ampla axenda de eventos musicais. Cabe destacar, entre outros, a actuación de C. Tangana o 26 de febreiro, nunha das poucas datas do artista en España. Tamén regresarán ao recinto grandes nomes da música nacional como Fito & Fitipaldis (18 e 19 de marzo), Leiva (30 de abril, Joan Manuel Serrat (8 de xullo) ou Malú (17 de setembro). Completan a oferta Van Morrison (31 de marzo), Il Divo (15 de xullo) e o Resurrection Day (8 de outubro).
O Coliseum da Coruña, xestionado polo Concello a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), experimentou durante o pasado ano un incremento do 22 % no número total de asistentes, en concordancia co inicio da recuperación dos niveis de actividade en canto ao número de eventos programados.
No ano 2021, con 24 eventos executados e un total de 26 funcións, o balance de asistencia foi de 37.696 usuarias e usuarios, o que supuxo unha media de 1.571 asistentes por evento e unha porcentaxe de ocupación media do 82,6 % da capacidade, o que indica¡. Este dato reflicte a interese do público pola actividade programada, así como a elevada fidelidade coa actividade do recinto, ante moi diferentes casuísticas sanitarias.

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025

15 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible