Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de diciembre de 2025

As festas infantís de Nadal nos centros cívicos comezan este sábado con talleres e visitas dos Reis Magos

Haberá actividades de animación infantil e obradoiros nas instalacións municipais de todos os barrios

Este sábado o Concello da Coruña pon en marcha as festas infantís de Nadal nos centros cívicos municipais. Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey busca contribuír á conciliación familiar nestas datas non lectivas, á vez que dinamizan a actividade destes espazos públicos.

Todas as festas incluirán animación infantil, actividades lúdicas e talleres dinámicos. Ademais, está prevista a visita dos Reis Magos a cada unha das celebracións para que os nenos e nenas que participen poidan entregarlles as súas cartas. A inscrición pódese realizar na conserxería do propio centro.

Os centros cívicos nos que se celebrarán estas festas son O Castrillón (sábado 27, 16.30), Monelos (sábado 27, 17.30), Eirís (domingo 28, 16.30), San Diego (domingo 28, 17.30), Elviña (luns 29, 16.30), Palavea (luns 29, 17.30), Monte Alto (martes 30 17.30), Os Rosales (venres 2, 16.30), Novoboandanza (venres 2, 17.30), Os Mallos (sábado 3, 16.30), Mesoiro (sábado 3, 18.30), San Pedro de Visma (domingo 4, 17.30) e Cidade Vella (domingo 4, 16.30) horas. Cada sesión contará con diferentes xogos e actividades.

Ademais, as actividades para nenos e nenas nos centros cívicos complementarase coas últimas sesións de obradoiros e actividades na Casa dos Xoguetes, que rematarán o sábado 3 de xaneiro. Toda a programación pódese consultar na páxina web do Concello.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión