12 de septiembre de 2025
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, informou hoxe de que tamén se están a executar intervencións na beirarrúa da rolda de Nelle, atendendo unha demanda veciñal
A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe de que o plan do Concello para mellorar os espazos peonís da cidade avanzará a partir da semana que vén con novas actuacións no barrio de Catro Camiños, onde se intervirá na rúa Caballeros para renovar o pavimento das beirarrúas, no treito comprendido entre os números 3 e 17 dos bloques residenciais.
Con esta medida, o Goberno de Inés Rey responde unha das principais demandas veciñais neste punto do barrio, atendendo á erosión e ao desgaste detectados nas lousas deste percorrido peonil ao longo dos últimos anos.
A previsión é que os equipos de traballos comecen as actuacións iniciais en Caballeros na primeira metade da semana que vén, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables para o seu desenvolvemento.
Ademais, tal e como lembrou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, na contorna da dita rúa tamén arrincarán proximamente os traballos de renovación da pasarela entre estacións que sobrevoa Alfonso Molina, unha medida que suporá un investimento específico dun millón de euros. As obras xa están adxudicadas.
"Seguimos, paso a paso, dando resposta ás necesidades específicas de cada distrito en materia de mellora dos espazos peonís, prestando especial atención á accesibilidade universal", indicou a concelleira, que lembrou que actualmente tamén están en marcha os traballos para renovar a beirarrúa entre os números 78 e 86 da rolda de Nelle, onde, ao igual que na rúa Caballeros, se está a actuar para habilitar un novo pavimento, máis moderno e resistente.

14 de noviembre de 2025

11 de noviembre de 2025

7 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible