Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de octubre de 2023

O Concello levou a cabo un investimento de 305.000 euros, cofinanciados con fondos FEDER, para a posta en marcha deste espazo

As novas hortas urbanas do parque Adolfo Suárez abrirán mañá para os novos usuarios

Ábrese unha nova quenda de inscricións para as 23 hortas e 4 mesas de cultivo dispoñibles

O Concello da Coruña publicará este martes, 24 de outubro, a listaxe definitiva de persoas adxudicatarias de 64 parcelas do novo espazo de hortas urbanas municipais do parque Adolfo Suárez. As persoas que figuren na listaxe poderán recoller as súas chaves na Concellaría de Medio Ambiente, nas instalacións municipais da Casa da Auga, en horario de 08.30 a 14.30 horas, ata o venres 27.

En total, recibíronse 116 solicitudes de persoas físicas e asociacións ou entidades, das que 52 foron rexeitadas por atoparse fóra de prazo ou non cumprir os requisitos establecidos na convocatoria. Das parcelas adxudicadas, 62 pertencen a persoas físicas e dúas a asociacións ou entidades da cidade. A partir do mércores abrirase o prazo para solicitar as derradeiras 23 hortas e 4 mesas de cultivo das instalacións de Adolfo Suárez. 

Tanto a listaxe definitiva de adxudicatarios da primeira quenda como o procedemento e a documentación para levar a cabo unha nova solicitude estarán a primeira hora da mañá na páxina web da Concellaría de Medio Ambiente. O novo prazo será de 15 días naturais e rematará o mércores 8 de novembro. As persoas adxudicatarias de todas as parcelas e mesas de cultivo das catro ecohortas teñen unha concesión que vencerá o 9 de maio de 2026.

Este novo espazo de ecohortas no parque Adolfo Suárez, en San Pedro de Visma, foi posto en marcha polo Goberno de Inés Rey no pasado mandato e contou cun investimento de 305.000 euros, cofinanciados con fondos FEDER. As de Visma súmanse ás hortas urbanas xa existentes nos barrios da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Eirís ofertando un total de 318 parcelas individuais, 24 mesas de cultivo individuais, 4 parcelas de uso común e 4 mesas de cultivo.

O novo espazo de ecohortas do parque de Adolfo Suárez suma unha superficie de 4.478 metros cadrados, con 28 metros cadrados de superficie por parcela, e está adaptado para as usuarias e usuarios con mobilidade reducida. 

Servizos dispoñibles

O espazo conta con iluminación nos principais percorridos de acceso e paso das persoas usuarias así como a de tomas de auga compartidas para cada dúas unidades de terreo. Durante as obras instalouse, ademais, unha edificación auxiliar de 91 metros cadrados destinada a usos veciñais, así como para almacenar o material comunitario, obxectos persoais e de aseo.

Tamén conta cunha pía para o lavado de calzado, ferramentas e vexetais, un composteiro común, un xardín de plantas aromáticas e tamén se reservou o espazo preciso para crear, nunha seguinte fase, un invernadoiro que tería a función de sementeiro colectivo para as persoas usuarias das hortas urbanas do parque.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión