Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de marzo de 2026

As novas paradas de bus e taxi na contorna do Mercado de Monte Alto xa están operativa

O Concello acometeu varias rehabilitacións na rede de paradas de transporte público en diferentes puntos da cidade

A nova parada de autobús da praza de Monte Alto xa está operativa despois de remataren os traballos de sinalización na zona e do pintado final da estrutura. A partir do xoves pola mañá xa funcionou con total normalidade e as primeiras persoas usuarias puideron utilizala nos seus traxectos no transporte público.

O novo mercado de Monte Alto abriu as portas en decembro do ano pasado, no que foi un dos proxectos de remodelación máis ambiciosos dos últimos anos na cidade, que lle trouxo á veciñanza unha praza de abastos moderna e cunha oferta ampla, co que reactivou un dos centros de comercio máis importantes no barrio e mellorou  substancialmente as prestacións para a clientela e praceiros/as. 

"Agora, o proxecto, que supuxo un investimento duns 10 millóns de euros, está acompañado dunhas conexións acorde ao seu tamaño e atractivo. Era unha débeda que existía cun barrio importantísimo para a cidade", subliñou a alcaldesa, Inés Rey.

Non é a única novidade nas conexións da zona. Paralelamente á apertura da nova parada de bus, tamén se habilitou a nova parada de taxis no núm. 67 da avenida de Hércules, que amplía as alternativas de transporte na contorna dun mercado que todos os días atrae a centos de persoas.

Un compromiso coa mobilidade sostible

Recentemente, o Concello acometeu a renovación estrutural de varias paradas de autobús en diferentes puntos do rueiro da cidade, incluíndo tres na contorna da Torre de Hércules, dúas no barrio dos Mallos, dúas na avenida de Arteixo (actualmente en obras pola habilitación dun novo vial coa avenida da Sardiñeira), dúas que foron reparadas no cemiterio de Feáns e catro nas obras da avenida de Fisterra. Todas estas accións enmárcanse no plan de modernización do transporte público na cidade, co que se busca ofrecer alternativas ao uso do coche.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión