2 de septiembre de 2025
O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica puxo en valor o carácter pioneiro desta iniciativa impulsada polo Concello dende hai máis de vinte anos
As trinta alumnas e alumnos coruñeses que participan na nova edición das Bolsas Norteamérica xa viaxan rumbo ao Canadá, onde as rapazas e os rapaces beneficiarios desta última convocatoria cursarán o seu primeiro ano de bacharelato en centros educativos do país.
O percorrido cara ao outro lado do Atlántico arrincou na pasada madrugada, con saída desde o Coliseum en dirección ao aeroporto portugués de Sá Carneiro (Porto). Dende alí, as e os participantes no programa viaxarán en avión ao Canadá.
O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, desexoulle moita sorte ao alumnado que participa nesta edición das Bolsas Norteamérica, unha iniciativa impulsada polo Concello dende hai máis de vinte anos e que, no seu momento, supuxo unha medida pioneira a escala municipal, favorecendo que a mocidade coruñesa curse estudos no estranxeiro, adquira un dominio avanzado da lingua inglesa e, de paso, coñeza e viva polo miúdo a cultura e sociedade do país de acollida.
"É unha ocasión inmellorable para se desenvolver e evolucionar, tanto no referente á formación académica como en termos persoais", destacou Borrego, que lembrou que o Concello estará ao dispor das familias e do alumnado participante ao longo da súa estadía no Canadá, para atender as súas necesidades ou solucionar calquera incidencia.

31 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible