8 de febrero de 2024
O artista canadense súmase á lista de concertos que o Goberno de Inés Rey leva programados para este 2024 no recinto municipal
Bryan Adams actuará o 16 de novembro na Coruña dentro da súa xira mundial 'So happy it hurts', que conta con cinco datas no país. O seu concerto, único en Galicia, será no Coliseum. O Goberno de Inés Rey segue, deste xeito, promovendo grandes eventos musicais na cidade, que é o gran referente cultural de Galicia e un dos principais do norte de España.
Tras a súa exitosa xira de 2022, Bryan Adams regresa cunha xira chea de éxitos. Os seus directos están avaliados pola crítica musical e enchen estadios e recintos de todo o mundo. Bryan Adams é considerado unha das grandes iconas do rock, cunha carreira musical que abarca catro décadas.
Na súa traxectoria, Adams ten publicados 17 álbums de estudio, contando o máis recente, que da nome á xira e estivo nomeado aos Grammy. Na súa dilatada carreira obtivo numerosos premios e recoñecementos, incluídas tres candidaturas ao Oscar a Mellor Canción, cinco candidaturas ao Globo de Ouro ou un Grammy.
17 de mayo de 2024
17 de mayo de 2024
16 de mayo de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible