20 de marzo de 2025
As entradas saen hoxe á venda a través de Ataquilla e do despacho da praza de Ourense
A actriz Candela Peña actuará o vindeiro domingo 13 de abril no Teatro Colón co seu novo espectáculo 'Peña+Peña'. "Desde o Goberno de Inés Rey seguimos sumando grandes nomes á programación cultural da cidade, que ten o Colón como un dos seus grandes escenarios", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Candela Peña presenta un espectáculo único e exclusivo onde todo pode pasar e que non se poderá ver en ningún outro lugar. Queda absolutamente prohibido gravar e usar o móbil durante a función. Trátase dun monólogo improvisado sen maior escenografía que a presenza da propia protagonista.
Só ela no escenario, improvisando, compartindo anécdotas e creando momentos inesperados co público, e con algunha que outra sorpresa. Unha charla auténtica, divertida e sen filtros. As entradas saen este xoves 20 de marzo á venda a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense.
Candela Peña (1973) é unha actriz española recoñecida pola súa versatilidade en cine, teatro e televisión. Na súa carreira gañou tres premios Goya por 'Te doy mis ojos', 'Princesas' e 'Una pistola en cada mano'. Destaca polo seu estilo interpretativo intenso e a súa forte personalidade en pantalla.

22 de diciembre de 2025

15 de noviembre de 2025

31 de octubre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible