23 de diciembre de 2025
O músico presentou a súa actuación e desvelou que renderá homenaxe a Xiradela
O músico Carlos Núñez presentou hoxe a súa dobre actuación no Teatro Colón da Coruña, que terá lugar este venres 26 de decembro. Estivo acompañado polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, nun acto celebrado no propio recinto cultural.
Coas entradas da primeira sesión xa esgotadas ante a grande acollida do público coruñés, o gaiteiro internacional Carlos Núñez presentou os detalles deste dobre concerto (con segundo pase á venda para as 22.00 horas) co que celebra os 30 anos do seu histórico disco 'A Irmandade das Estrelas'. Ademais, Núñez anunciou que a asociación cultural Xiradela volverá subir ao escenario do Teatro Colón con Núñez tres décadas despois de participar na gravación orixinal.
O músico explicou o concepto de "relevo xeracional" que marca esta xira: o público verá actuar xuntas a cantareiras históricas con novas integrantes que aínda non naceran en 1996, simbolizando a transmisión viva e o futuro da nosa cultura.
A dobre actuación de Carlos Núñez na Coruña enmárcase dentro do ciclo Folk no Colón. Os seus concertos suporán a fin da segunda edición, que levou ao escenario coruñés a referentes da música tradicional, tanto galega como celta, con nomes propios como Xabier Díaz, Capercaillie ou Milladoiro. "Dentro das políticas culturais que impulsamos desde o Goberno de Inés Rey unha das nosas premisas é dar valor e divulgar a nosa cultura a través de iniciativas coma esta, á que daremos continuidade e potenciaremos nas próximas edicións", sinalou Gonzalo Castro.

22 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025

16 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible