6 de febrero de 2025
Carme López presentará o sábado ás 19.30 o seu primeiro disco ‘Vinde todas’, con acceso libre
O cómico venezolano Nanutria actuará o domingo ás 18.30 e as últimas entradas están á venda
O auditorio do Centro Sociocultural Ágora vivirá unha fin de semana intenso con dous espectáculos o sábado e o domingo. Trátase da actuación musical de Carmela, que presentará o seu primeiro disco, 'Vinde todas', e do espectáculo humorístico de Nanutria. "O Goberno de Inés Rey busca encher de actividades de calidade os seus recintos municipais co obxectivo de que a cidadanía de todos os barrios poida gozar de propostas artísticas variadas", apunta Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
Carme López, que provén da orquestra SonDeSeu, está a presentar o seu primeiro disco, 'Vinde todas', que reflicte a tradición máis pura de Galicia poñendo as mulleres informantes nun primeiro plano e como motor principal da tradición oral, reivindicando a relevancia histórica e actual nun ámbito en que, adoito, foron marxinadas. Cada unha das cancións leva o nome da ou das mulleres de referencia no proceso de aprendizaxe das melodías, ademais de iniciar e pechar o disco cadansúa gravación de campo, as que reflicten o propio proceso de investigación etnomusicolóxica.
Carmela achega as sonoridades tradicionais á música máis contemporánea, xunto coas súas compañeiras, Sara Méndez (saxo) e Camile Hedouin (sintetizadores), con arranxos sinxelos que permiten que a voz e a percusión vaian da man e sexan as protagonistas principais do espectáculo. Este concerto, organizado pola Asociación Veciñal Agra e promovido polo Concello, forma parte do programa 'Agra no Ágora'. A actuación comezará ás 19.30 horas e a entrada é gratuíta ata completar capacidade.
Por outra banda, o cómico venezolano Nanutria chega este domingo á Coruña con 'El Showcito'. O espectáculo comezará ás 18.30 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Esta data está enmarcada dentro dunha xira por España que levará o artista a diferentes cidades. As últimas entradas están á venda a través de Ataquilla, no despacho de billetes da praza de Ourense e o propio día da función no Ágora.
'O showcito' é unha proposta creativa por parte de Nanutria que está sempre en continuo desenvolvemento. O espectáculo mestura bloques de stand-up con improvisación. Os temas que trata son diversa índole, como a adultez, a democracia, a vida en parella, a inmigración e as formas de afrontar a vellez. Un show fresco onde o cómico dá todo o necesario para dar o mellor papel posible.

14 de diciembre de 2025

13 de diciembre de 2025

12 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible