9 de agosto de 2026
A programación familiar desenvolverase entre o 10 e o 28 de agosto en catorce espazos diferentes da cidade
As Festas de María Pita volverán achegar a cultura aos barrios da cidade coa celebración dunha nova edición de Cascarillarte, o programa familiar que levará espectáculos de teatro, música, maxia, narración oral e animación a diferentes prazas e espazos públicos da Coruña entre os días 10 e 28 de agosto.
"Desde o Goberno de Inés Rey seguimos apostando por unhas festas descentralizadas, que cheguen a todos os barrios e que ofrezan propostas para todas as idades. Cascarillarte é un dos mellores exemplos desta filosofía, achegando a cultura ás prazas e aos espazos de convivencia da cidade", sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
A programación inclúe un total de 15 espectáculos dirixidos especialmente ao público familiar e infantil, que percorrerán diferentes puntos da cidade combinando disciplinas e formatos diversos. O programa arrincará o luns 10 de agosto no Campo da Leña coa proposta 'As Mil e Unha', de Vero Rilo e Luís Iglesias. Ao longo do mes pasarán por Cascarillarte artistas e compañías como Pablísimo, Xavi Bufa, Mago Noel, K'Paparota Teatro, Pedras de Cartón, Ghazafelhos Teatro, Inventi Teatro, Fran Rei, Mago Paco ou Culturactiva, entre outros. A oferta incluirá contacontos, clown, espectáculos musicais, teatro familiar, propostas de animación e maxia.
Nesta edición, Cascarillarte chegará a espazos repartidos por toda a cidade, entre eles o Campo da Leña, Palavea, Xuxán, a praza de Vigo, Monte Alto, as Conchiñas, o Castrillón, Santa Margarida, Vioño, Novo Mesoiro, Os Rosales e a Sagrada Familia. Castro destacou tamén o papel que cumpre este programa dentro das festas. "Queremos que os nenos e nenas sexan protagonistas das Festas de María Pita. Cascarillarte permite que as familias gocen da cultura preto da casa e converte os barrios en escenarios ao aire libre durante todo o mes de agosto", indicou.
Cascarillarte consolídase así como un dos programas familiares máis importantes das Festas de María Pita, reforzando a aposta municipal por achegar a cultura a todos os distritos da cidade e por ofrecer alternativas de lecer gratuítas e de calidade para a infancia e as familias coruñesas.
Programación completa do programa Cascarillarte
Luns, 10 de agosto - Campo da Leña - Vero Rilo e Luís Iglesias - As Mil e Unha - 19.30 h
Martes, 11 de agosto - Palavea (contorna CCM Palavea) - Os Contos de Pablísimo - Contiario - 19.30 h
Xoves, 13 de agosto - Praza de Tabacalera - Xavi Bufa - Tubos do Mundo - 19.30 h
Venres, 14 de agosto - Barrio de Xuxán (Parque Infantil) - Mago Noel - Qué Curioso! - 19.30 h
Luns, 17 de agosto - Praza de Vigo - K'Paparota Teatro - Latexos - 19.30 h
Martes, 18 de agosto - Barrio das Flores (Praza Central) - Joshua Kenneth - MarabiJoshua! - 19.30 h
Mércores, 19 de agosto - Monte Alto (Praza do Mercado) - Pedras de Cartón - Alicia - 19.30 h
Xoves, 20 de agosto - Praza das Conchiñas - Ghazafelhos Teatro - Sherezade - 19.30 h
Venres, 21 de agosto - Castrillón (Praza Pablo Iglesias) - Pajarito - A Estrada - 12.00 h
Venres, 21 de agosto - Parque de Santa Margarida (Escalinata da Casa das Ciencias) - Mago Paco - Ledicias - 19.30 h
Luns, 24 de agosto - Praza dos Mariñeiros - Inventi Teatro - Tachán! - 19.30 h
Martes, 25 de agosto - Parque de Vioño - Culturactiva - Máis Saaabor! - 19.30 h
Mércores, 26 de agosto - Novo Mesoiro (Explanada do CCM Mesoiro) - Gallaecia Eventos - As Aventuras de Jazzy e Bluzy - 19.30 h
Xoves, 27 de agosto - Os Rosales (Praza Elíptica) - Manuela Contacontos - O Grúfalo e a Natureza - 19.30 h
Venres, 28 de agosto - Sagrada Familia (Praza San Rosendo) - Fran Rei - Hamelin - 19.30 h

9 de agosto de 2026

8 de agosto de 2026

6 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible