Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de septiembre de 2026

Comeza a Semana da Prevención de Incendios, con cinco días de actividades e talleres abertos á cidadanía

A programación deste ano contará coa participación do alumnado de varios centros da cidade e con varias accións divulgativas para toda a familia

A concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Montserrat Paz, presentou hoxe o programa da Semana da Prevención de Indencios 2026, unha iniciativa promovida polo Concello, a Fundación Mapfre -representada no acto polo seu director de Área de Seguridad Vial, Salud y Prevención, Antonio Guzmán- e a Asociación Profesional de Técnicos de Bomberos (APTB) para achegar á cidadanía de todas as idades a importancia da seguridade e evitación de riscos. Estas accións forman parte do traballo divulgativo impulsado polo Goberno de Inés Rey para achegar ás familias, e moi especialmente a nenos e nenas, cuestións fundamentais sobre a seguridade en diferentes ámbitos.

"A educación é o primeiro paso para saber como reaccionar ante situacións de emerxencia. Temos que darlle á cidadanía as ferramentas e coñecementos fundamentais a través dun labor divulgativa protagonizada polos nosos profesionais dos servizos de emerxencia, que son os que día a día traballan moi duro para manternos seguros", apuntou a concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Montserrat Paz. 

As actividades públicas comezarán o próximo 1 de outubro coa visita de escolares do CEIP Fernández Latorre, que asistirán en María Pita a unha charla sobre autoprotección e prevención e evacuación de centros escolares e participarán nun taller didáctico con profesionais do servizo de Bombeiros. 

O programa continuará durante toda a xornada, incluíndo unha visita institucional da alcaldesa, Inés Rey. Pola tarde, continuara a xornada inaugural coa visita do alumnado do ciclo medio en Técnico de Emerxencias Sanitarias do centro Liceo La Paz, e cunha exposición de material, atención de consultas, Talleres variados para todos os públicos.

O programa, que se estenderá ata o luns, 5 de outubro, inclúe as seguintes actividades:

1 de outubro

  • 10.00 a 13.30 horas: Visitas escolares. CEIP Fernández Latorre "Evacuación en centros escolares", "A autoprotección e a prevención", talleres didácticos.

  • 12.00 horas: Visita institucional da alcaldesa da Coruña á "Semana da Prevención de Incendios 2026".

  • 17.00 horas: Visita ciclo medio Técnico Emerxencias Sanitarias, centro Liceo La Paz. 

  • 17.00 h a 20.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.

2 de outubro

  • 10.00 a 13.30 horas: Visitas escolares. CEIP de Prácticas y CEIP San Pedro de Visma. "Evacuación en centros escolares" e "A autoprotección e a prevención" (talleres didácticos).

  • 17.00 a 20.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.

3 de outubro

  • 10.00 a 14.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.

  • 17.00 a 20.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.

4 de outubro

  • 10.00 a 14.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.

  • 17.00 a 20.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.

5 de outubro

  • 10.00 a 13.30 horas: Visita do CEIP Eusebio da Guarda. "Evacuación en centros escolares", "A autoprotección e a prevención" (talleres didácticos).

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión