Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de julio de 2022

A primeira das citas é un coloquio sobre deporte e diversidade que contará coa presenza de Víctor Gutiérrez, xogador da selección nacional de waterpolo e activista LGTBI

Comezan as actividades do Concello para celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBI

Mañá, domingo 3 de xullo, a artista Soleá Morente dará inicio aos concertos do Atlantic Pride, que terán lugar entre os días 3 e 10 de xullo

Comezan as actividades organizadas polo Concello da Coruña, a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI. Dentro das políticas de inclusión e diversidade que ten posto en marcha Inés Rey ao longo deste mandato, como o impulso para a reapertura do espazo diverso para a atención e información das persoas do colectivo, a celebración do Orgullo supón unha aposta por situar A Coruña como unha cidade aberta, inclusiva e de progreso. A programación 'Coa cabeza ben alta', lema proposto para a celebración da data, comeza esta fin de semana e estenderase ata a semana próxima.

A primeira das citas será hoxe ás 12.00 h na Fundación Luís Seoane, onde se levará a cabo un diálogo sobre deporte e diversidade, co obxectivo de reflexionar sobre a situación e retos de futuro do colectivo LGTBI no sector deportivo. A actividade contará coa participación de Víctor Gutiérrez, xogador da selección nacional de waterpolo e activista LGTBI, acompañado de David Guerrero, presidente da asociación Deporte e Diversidade; a árbitra de baloncesto Sara Peláez; Selene Buendía, presidenta de Coruña Roller Derby e a escritora Ana Pastor. O debate será moderado pola xornalista Barbara G. Vilariño. As actividades sobre deporte e diversidade seguirán coa xornada aberta do club Roller Derby Irmandiñas na Praza de Pontevedra, en horario de 20.00 a 21.00 h.

Tamén a Fundación Luís Seoane será a encargada de acoller, a partir das 20.00 h, a 'Bollo's Party', outra das actividades programadas polo Concello da Coruña. Esta comezará co monólogo de Irantzu Varela, xornalista e activista do colectivo e recentemente premiada polo Ministerio de Igualdade co Premio Arcoíris 2022 pola visibilización, apoio e defensa dos dereitos das persoas LGTBI. Kris K DJ será a encargada de rematar a celebración, cunha sesión dende as 22.00 ata as 00.00 h.

Actuación de Soleá Morente polo Atlantic Pride

Ás actividades programadas polo Concello da Coruña para esta fin de semana, súmase a inauguración da festa temática '¡Voy Flamenca!', que terá lugar mañá 3 de xullo na Fundación Luís Seoane.

A festa comezará ás 19.00 h e contará con actividades especiais de acordo coa temática, antes de recibir a actuación principal. Soleá Morente será a primeira das artistas en actuar na Coruña polo festival Atlantic Pride, traendo a música e arte flamencos ao "orgullo do norte". A actuación será ás 21.00 h e ás 22.15 h comezarán as sesións de DJ Flashback e DJ Licho, para dar fin á primeira xornada do festival.

As actuacións seguirán durante a semana seguinte, ata o domingo 10 de xullo, con actuacións de artistas como Berto, OBK, Ladilla Rusa, Marta Sango, Samanta Hudson, Javiera Mena ou Ortiga e Grande Amore. Unha aposta pola cultura local, galega e nacional así como pola diversidade de estilos e artistas.

Toda a programación pode consultarse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3AkGuaf

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión