24 de agosto de 2026
A actuación ten como obxectivo facilitar o tránsito e mellorar a seguridade na intersección coas rúas Zalaeta e Ramón del Cueto
O Concello deu comezo aos traballos para a construción dunha nova glorieta na rúa Curros Enríquez, na intersección coas rúas Zalaeta e Ramón del Cueto. Trátase dunha actuación que lle dá resposta ás demandas veciñais e que ten como obxectivo mellorar o tránsito e a seguridade viaria neste cruzamento. A intervención está incluída na ampla programación de mantemento de calzadas nos barrios promovida polo Goberno de Inés Rey.
"Seguimos a traballar en cada rúa, en cada cruzamento dos barrios, intentando dar unha resposta o máis rápida posible a todas as necesidades e peticións veciñais. Neste caso, levamos a cabo unha obra que suporá un alivio para moitas persoas que a diario pasan por ese punto e que agora poderán circular con máis seguridade", subliñou o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín.
A nova glorieta suporá a reordenación deste punto, coa correspondente colocación da nova sinalización, o repintado do pavimento para indicar as zonas de circulación e a relocalización dunha das luminarias.
Humanización de Atocha Alta
Tamén no barrio de Monte Alto, o Concello ten en marcha o proxecto de humanización da rúa Atocha Alta, cun investimento total de 364.794,82 euros. O proxecto está englobado dentro das numerosas actuacións levadas a cabo polo Goberno de Inés Rey no marco do Plan de Barrios 2025-2027, que leva máis de 81 millóns de euros mobilizados en actuacións de mellora de todas as áreas da cidade, con especial atención ás peticións e necesidades veciñais.
A actuación na Atocha Alta inclúe a execución de pavimentos peonís dispoñendo calzadas diferenciadas mellorando a accesibilidade, a renovación do pavimento, a implementación dunha nova rede de pluviais, a renovación das redes de saneamento, o reforzo da iluminación pública da zona, a mellora da sinalización viaria, a instalación de novo mobiliario urbano e a plantación de arboredo en todos os puntos onde sexa posible.

22 de agosto de 2026

22 de agosto de 2026

17 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible