Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de septiembre de 2026

Comezan as obras da nova sede da Asociación Párkinson Galicia-Coruña no seu 30 aniversario

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, destacou o apoio municipal ao servizo de logopedia da entidade a través do convenio que ambas as partes manteñen desde hai anos

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, participou este sábado, en representación da alcaldesa, Inés Rey, no acto de inicio das obras da nova sede da Asociación Párkinson Galicia-Coruña, que celebra hoxe o seu 30 aniversario.

Canosa trasladou a felicitación da alcaldesa, Inés Rey, e do conxunto do Concello a unha entidade que leva tres décadas acompañando as persoas con párkinson e parkinsonismos e as súas familias. Destacou tamén a súa capacidade para detectar necesidades que aínda precisaban resposta, como a atención ás persoas con parkinsonismos atípicos.

O acto celebrouse en Espacio Coruña e contou tamén coa participación do presidente da asociación, Antonio Ferreiro, da directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, e a concelleira de Medio Ambiente e deputada provincial Yoya Neira.

A concelleira lembrou que o Concello financia o servizo de logopedia da entidade mediante o convenio que manteñen desde hai anos. Explicou que as dificultades na voz e na fala poden afectar tamén á vida social e á participación das persoas con párkinson na familia e na comunidade.

Canosa, referiuse tamén á importancia de contar con espazos axeitados para a atención. "O contorno nunca é neutro: un espazo pode ofrecer seguridade ou levantar barreiras; pode favorecer a autonomía ou reducila", afirmou. Apuntou que a nova sede permitirá ampliar a capacidade de atención e mellorar as condicións dos servizos que presta a asociación.

Por último, reivindicou unha atención sostida no tempo e compartida entre as administracións públicas e a asociación, que coñece de primeira man as necesidades das persoas ás que atende. "Desde o Concello, como administración de proximidade, seguiremos formando parte desa resposta", concluíu.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión