Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de mayo de 2021

Comezan as obras para construír un parque biosaudable na praza Casares Quiroga

O Goberno local tamén ten previsto crear unha zona verde e unha área para que as persoas maiores poidan facer exercicio na rúa San Diego

O Concello iniciou esta semana as obras para construír unha área biosaudable na praza Casares Quiroga. Os traballos contan cun orzamento de 13.082 euros e un prazo de execución de dous meses. Esta actuación responde ao compromiso do Goberno de Inés Rey de mellorar todos os barrios da cidade e de que dispoñan dos equipamentos necesarios para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

A praza Casares Quiroga é o principal espazo público da 2º fase do polígono de Elviña e conta cun parque infantil ao cal asiste moita cativada con avós e avoas, o que converte esta praza nunha localización perfecta para un parque de elementos biosaudables. Dispoñeranse elementos que favorezan unha actividade física moderada e respectaranse as áreas de seguridade de cada aparello. Os traballos inclúen a limpeza e eliminación de vexetación e verdín da superficie. Ademais, colocarase un novo lastro e instalarase un manto de céspede artificial sobre unha base de caucho e tamén céspede natural como acabado final.

Doutra banda, tamén está previsto que comecen a vindeira semana os traballos para a creación dunha área biosaudable na rúa San Diego, que incluirá un equipamento para que as persoas maiores poidan facer exercicio físico, unha área de estancia e a rehabilitación do Camiño da Cubela. Esta actuación, que responde a unha demanda veciñal, servirá para aumentar os espazos peonís e as zonas verdes e de descanso. Nos accesos ás dúas áreas proxectadas incrementarase a anchura de paso da beirarrúa existente até unha dimensión de 180 cm. En ambos os casos as entradas desde a rúa San Diego ás zonas garantirán a accesibilidade a toda a veciñanza. A actuación inclúe a instalación de pluviais e a pavimentación da vía coñecida como "Camiño da Cubela", así como a instalación dunha zona de lecer con arborado e bancos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión