28 de agosto de 2025
O Concello inviste 150.000 euros para mellorar unha zona que contará con paso de viandantes elevado e novos espazos verdes
O Concello inviste máis de 150.000 euros en mellorar a accesibilidade no treito de Alfonso Molina que conflúe na avenida Linares Rivas, unha intervención que se centrará, moi especificamente, no itinerario peonil que conecta as rúas Fernández Latorre, José Cornide e Ramón de la Sagra.
As obras de reurbanización dun dos pasos semafóricos máis transitados da contorna comezaron onte e suporán a renovación dos colectores pertencentes á rede municipal de saneamento e, a posteriori, tras a instalación das tubaxes, a disposición dun novo pavimento nas beirarrúas, máis moderno con materiais máis resistentes que os actuais e baldosas diferenciadas para facilitar o tránsito das persoas con mobilidade ou visibilidade reducida.
Neste sentido, o Concello aproveitará esta intervención para substituír os bolardos que hai nesta parte da avenida en sentido de entrada á cidade. No seu lugar, o Concello habilitará un parterre axardinado.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, destacou esta medida "porque amosa que é posible mellorar moitos espazos públicos da cidade apostando por humanizalos". A intervención enmárcase dentro do plan de melloras viarias en todos os barrios da cidade posto en marcha polo Goberno de Inés Rey.
Díaz lembrou que a renovación dese punto permitirá tamén ampliar o carácter urbano do último tramo de Alfonso Molina, onde estes días se están a realizar tamén traballos de reparación na mediana.

10 de diciembre de 2025

14 de noviembre de 2025

11 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible