18 de enero de 2026
O Concello puxo en marcha esta semana os traballos previstos en ambos os puntos, que suporán un investimento total de case 850.000 euros
O Concello avanza coa folla de ruta do Plan de barrios 2025-27 en puntos como Castro de Elviña e a Urbanización Breogán, onde a primeiros desta semana comezaron os traballos previstos para mellorar a rede de saneamento municipal en ambos os núcleos residenciais.
As dúas actuacións, que no seu conxunto supoñen un investimento de case 850.000 euros, están cofinanciadas entre o Concello e a Deputación, que achegou fondos correspondentes ao Plan de obras e servizos (POS) para complementar os fondos propios municipais.
A meirande parte deste orzamento destinarase a reforzar as infraestruturas de saneamento das rúas da Pena do Cuco, Canedo, O Picho e A Fraga, en Castro de Elviña, onde se renovará a rede municipal de sumidoiros e, ademais, dotarase a zona dunha nova rede separativa para recoller as augas pluviais.
Por outra banda, o Executivo municipal tamén ten previsto actuar na Urbanización Breogán para construír unha nova rede para a recollida de augas pluviais nas rúas Vicente Vázquez Queipo e Isidro Parga Pondal. Esta medida está orientada á mellora das infraestruturas neste núcleo residencial, onde tamén están a avanzar as obras da nova pista multideporte, un equipamento público promovido polo Concello e xa en fase de execución.
Neste sentido, as dúas intervencións fóronlle adxudicadas no pasado mes de novembro á empresa Construcciones Cernadas. As obras en Castro de Elviña, por valor de 667.995 euros; e as previstas na Urbanización Breogán, por 181.546 euros.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, informou de que os traballos sobre o terreo serán visibles nos vindeiros días, despois de que esta semana se iniciasen as tarefas de implantación e organización de equipamentos, así como da delimitación das zonas de traballo.

19 de enero de 2026

17 de diciembre de 2025

17 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible