23 de septiembre de 2023
Desde esta semana estanse a levar a cabo os traballos preliminares de demolición e picado da beirarrúa, necesarios para remodelar e ampliar os espazos peonís lindeiros aos bloques residenciais
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, comezou esta semana as obras de reurbanización dos espazos públicos na contorna da Área de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU) do Ventorrillo - Casas de Franco, un sector de algo máis de dúas hectáreas composto por máis de 570 vivendas sociais situadas entre a rolda de Outeiro e as rúas Mosteiro de Bergondo, Mosteiro de Toxos Outos e Mosteiro de Caaveiro.
O proxecto de reurbanización recibiu a autorización da Xunta de Goberno de Local a comezos de decembro de 2022, sendo licitado, xa posteriormente, en abril deste ano. A continuación, no pasado mes de xullo e como paso previo ao inicio dos traballos, encomendáronse os mesmos á empresa Prace Servizos e Obras.
A intervención, dotada con 470.000 euros de orzamento, está centrada no sector leste da ARRU, no treito lindeiro coa rolda de Outeiro, onde se levarán a cabo diversas actuacións de mellora nos espazos públicos próximos ás vivendas: nos accesos ás mesmas, pero tamén no firme, que se renovará. Está previsto incrementar, ademais, a superficie destinada aos peóns e tamén as áreas verdes na contorna.
Neste sentido, desde esta semana estanse a levar a cabo os traballos preliminares de demolición e picado sobre a beirarrúa, necesarios para remodelar e ampliar os espazos peonís lindeiros aos bloques residenciais.
O plan para reurbanizar os espazos públicos que bordean os bloques residenciais das Casas de Franco tamén inclúe, con vistas a fases posteriores, a remodelación das rúas interiores do ámbito para acometer melloras de accesibilidade aos portais dos edificios de vivendas.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible