Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de octubre de 2023

A actuación supón un investimento de 172.973,85 euros, cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Comezan os traballos de renovación e mellora do mobiliario urbano no ENIL da Torre de Hércules

Limparanse máis dun cento de bancos e actuarase sobre 12 merendeiros e seis fontes para o seu acondicionamento

O Concello da Coruña iniciou esta semana os traballos de adaptación e mellora do mobiliario do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) da Torre de Hércules co obxectivo de poñer en valor a contorna da Torre de Hércules como paisaxe natural. O proxecto, que supón un investimento de 172.973,85 euros, está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

Para a posta en marcha das actuacións, o Concello da Coruña levou a cabo un traballo previo de inventariado e valoración do estado do mobiliario existente no ámbito do ENIL (Campo da Rata, Punta Herminia e contorna da Torre de Hércules). Tras a toma de coñecemento das principais necesidades dos elementos (bancos, sinalética, fontes...) establecéronse os diferentes tipos de actuación para cada elemento de acordo co Plan de Conservación do ámbito como Espazo Natural de Interese Local.

En canto ás actuacións previstas sobre o mobiliario existente, destaca a restauración de 101 bancos. Destes, un total de 79 serán lixados e barnizados e 15 someteranse a algunha reposición ou reparación de elementos tales como táboas de madeiras. Tamén se actuará sobre oito merendeiros de madeira, tres no Campo da Rata e cinco na contorna da Torre de Hércules, e en catro de pedra, localizados tamén na zona da Torre.

Ademais, renovaranse tres escaleiras de madeira coa reparación de banzos danados ou a súa substitución por novos elementos pétreos. Así mesmo, substituirase a escaleira de madeira localizada na Torre de Hércules e que da acceso a Punta Herminia por unha nova estrutura pétrea, en consonancia co espazo natural e cunha mellor conservación e preservación do mobiliario.

Tamén se levará a cabo a reparación de catro fontes, tres no Campo da Rata e unha en Punta Herminia, e a renovación de dúas na Torre de Hércules. Repararanse dúas barandas coa reposición de travesaños faltantes no trazado da mesma. Ademais, realizaranse outras actuacións menores sobre elementos de sinalética ou informativos así como de limpeza da contorna do mobiliario no ENIL para a súa mellor conservación e imaxe.

No canto de avanzar na accesibilidade do ENIL, o Goberno de Inés Rey incluiu no proxecto a instalación de cinco bancos adaptados a persoas con mobilidade reducida. Trátanse de estruturas que dispoñen, como mínimo, dun espazo libre de obstáculos de 60 centímetros de ancho na parte frontal e de 1,5 metros nun dos laterais respecto ao sendeiro peonil, garantindo o movemento cunha cadeira de rodas. Localizaranse ao longo do sendeiro peonil entre a rotonda da estatua de Breogán e Durmideiras.

Ademais, de acordo coa condición natural do espazo, instalaranse un total de doce sinais con información medioambiental de diferente tipo ao logo do ámbito do ENIL. Seis delas orientadas á xestión e concienciación sobre o lixo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión