Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de marzo de 2026

As 11 novas vivendas, que serán públicas permanentemente, destinaranse a alugueiros accesibles

Concello e Estado reforzan as medidas conxuntas en materia de vivenda, coa próxima construción de 11 inmobles protexidos na rúa Adelaida Muro

A entidade estatal Casa 47 prevé iniciar a execución dos traballos antes de que remate este ano

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá na visita organizada pola Delegación do Goberno ao número 24 da rúa Adelaida Muro, no barrio de Monte Alto, onde a entidade estatal Casa 47 proxecta a construción de 11 novas vivendas protexidas que se destinarán a alugueiros accesibles.

No acto, Rey puxo en valor o compromiso do Estado coa cidade e, en concreto, coa resposta ás necesidades actuais en materia de vivenda. "Incrementar o parque residencial público no conxunto do país é fundamental para a cidadanía e agradecemos que A Coruña forme parte desta planificación, non só no presente senón tamén de cara ao futuro", dixo.

A folla de ruta prevista por Casa 47 en Adelaida Muro pasa por construír un edificio de catro plantas, garaxes e rochos nunha parcela de 371 metros cadrados. Tal e como informou a Delegación do Goberno, serán vivendas exteriores, de entre 1 e 3 dormitorios. A previsión é que o proxecto estea redactado este verán e as obras saian posteriormente a licitación, o que posibilitaría que estean en execución este mesmo ano.

Neste sentido, as 11 vivendas serán permanentemente públicas. Os contratos de alugueiro poderán ter unha duración de 75 anos e o seu prezo fixarase en base a criterios de accesibilidade. En todo caso, tal e como precisaron hoxe as autoridades presentes na visita, o prezo do alugueiro non poderá superar o 30% da renda media do territorio.

Ao acto asistiu o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, que coincidiron en destacar a actuación en Adelaida Muro como exemplo do modelo de Casa 47: novas construcións, alugueiros accesibles, permanencia no parque estatal e prezos vinculados á capacidade económica da cidadanía.

A Coruña, en marcha para dar respostas e solucións ante as necesidades de vivenda

A próxima adecuación do número 24 de Adelaida Muro ―que se suma á construción de vivenda pública que está a executar o Concello no barrio de Xuxán, con fondos estatais―, complementa o traballo que está levando a cabo o Goberno municipal a escala local, activando todas as ferramentas que ten á súa disposición para dar solucións en materia de vivenda nun contexto de dificultades a escala continental.

Esta mañá, Inés Rey fixo fincapé no abano de medidas posto en marcha ao longo do último ano. Por exemplo, a mobilización de solo municipal que, ben a través de concursos públicos, ben como cesión á Xunta, posibilitará proximamente a construción de máis vivenda protexida en barrios como Xuxán, Os Rosales, o Ensanche e preto da Pasaxe.

Ademais, a alcaldesa lembrou tamén que o Concello está a actuar desde o eido xurídico e normativo. Por exemplo, coa declaración da zona residencial tensionada: A Coruña comezou o ano cunha baixada do 10% do prezo medio do alugueiro con respecto á situación previa a esta declaración. E, a maiores, o ano pasado tamén se regularon as VUT, co obxectivo de poder ampliar a oferta de alugueiro tradicional.

A isto súmanse tamén as iniciativas concibidas para favorecer a rehabilitación do parque residencial da cidade, coas axudas destinadas a ERRP como Barrio das Flores, Cidade Vella - Pescaría, Ventorrillo e Labañou. E, por outra banda, cos avances experimentados a través do Plan municipal para a recuperación de ruínas, un mecanismo ideado para lles dar unha segunda vida a inmobles e soares en estado de abandono, e que recentemente permitiu adxudicar un novo propietario ao edificio da rúa Damas, 3, na Cidade Vella.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión