30 de julio de 2026
Acordan manter reunións con periodicidade mensual para facer unha análise exhaustiva dos avances na remodelación da principal arteria de acceso á cidade
O Goberno de España comunicou que vai proceder á aprobación da modificación do proxecto, a causa da grande cantidade de servizos soterrados afectados, o que permitirá impulsar a obra desde setembro
O Concello e a Demarcación de Carreteras constituíron hoxe a comisión de seguimento que periodicamente reunirase para analizar e evolución dos traballos en Alfonso Molina, actuación impulsada polo Estado para ampliar e mellorar os acceso á cidade.
A comisión está constituída polo primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage; o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín; a concelleira de Seguridade Cidadá, Interior e Mobilidade, Montse Paz e técnicos municipais, pola parte do Concello, e por Ángel del Río, xefe da Demarcación de Carreteras e persoal ao cargo da obra.
"Para o Goberno de Inés Rey a ampliación e mellora de Alfonso Molina é un proxecto esencial para a cidade e traballamos para impulsar esa obra e poder culminala no menor tempo posible", indicou Lage, quen tamén recordou que, entre outros avances, o Concello conseguiu a licitación da segunda fase das obras o pasado mes de maio para que a integración paisaxística discorra en paralelo aos traballos actuais e así acortar os temos da finalización do conxunto das actuacións.
"Hai un compromiso por parte do goberno de España de ter adxudicada a segunda fase de Alfonso Molina antes de que remate este ano, no último trimestre. Agardamos que se cumpra, o que permitiría que o conxunto da obra tanto na fase I como na fase II estivera rematado plenamente no primeiro trimestre de 2028. Imos ser exixentes, goberne quen goberne en Madrid a nosa prioridade é a Coruña e os coruñeses e coruñesas", indicou Lage.
A parte máis complexa dos traballos de Alfonso Molina está vinculada cos numerosos servizos soterrados afectados pola obra, en total 21 de todo tipo. Ditos servizos obrigaron que realizar un modificado do proxecto que conta xa co visto bo do Estado e que permitirá, despois de agosto, que a obra, que sigue en proceso de execución, avance dun xeito máis visible.
A actuación permitirá non só mellorar a capacidade, senón tamén os accesos actuais de Alfonso Molina, convertendo ademais a avenida nun espazo urbanizado acorde coa nova realidade da cidade, con novos barrios como Xuxán ou Someso nas súas marxes que precisan un tratamento máis coidado, zonas verdes e tamén sendas peonís.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible