24 de marzo de 2025
O seguinte será o 8 de abril no Centro Cívico dos Mallos, con inscricións abertas
A sesión contará coa participación da alcaldesa xunto con parte do Goberno local para escoitar e dar resposta ás diferentes suxerencias e peticións
Mañá martes, 25 de marzo, a partir das 18.30 horas, o Centro Cívico de Mesoiro acollerá un novo encontro participativo no marco do proceso participativo impulsado polo Goberno de Inés Rey para deseñar, de forma colectiva, o futuro servizo de autobús urbano da cidade. A sesión contará coa participación da alcaldesa xunto con parte do Goberno local para escoitar e dar resposta ás diferentes suxerencias e peticións do transporte. Polo momento, o encontro conta con medio cento de persoas inscritas a través do formulario habilitado na web www.coruna.gal/participabus, aberto á asistencia de veciñas e veciños.
O foro incluirá unha breve presentación a cargo do equipo técnico responsable do Estudo do Transporte Urbano, quen explicará os obxectivos, a metodoloxía e o contexto do estudo para o que será o novo contrato de transporte público. Posteriormente, desenvolverase unha dinámica participativa na que as persoas asistentes poderán compartir propostas, suxestións e valoracións sobre distintos aspectos do servizo actual: liñas, frecuencias, accesibilidade, conexións intermodais ou adaptación a novas necesidades da cidade. A información recollida servirá de base para o deseño dun modelo de mobilidade máis eficaz, sostible e centrado nas persoas.
Próximos encontros
O encontro forma parte dun calendario de once sesións nos distintos distritos da cidade, co obxectivo de recoller unha ampla representación das voces da Coruña.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible